A constitución de hipotecas volveu remontar en abril tras o baixón de marzo, posiblemente polo efecto de anticipación das compras motivado pola alza inminente do Iva. Así o revelan os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estadística (Ine), que indican un repunte da contratación de préstamos para comprar vivenda dun 2,32% no cuarto mes do ano en Galicia, ao rexistrarse 2.820 créditos, fronte aos 2.756 do mesmo mes do 2009. No conxunto de España, a actividade retardouse, cunha taxa de crecemento de só un 0,2% e 50.342 hipotecas formalizadas.
Desta forma, mentres que no conxunto do país o mercado encadea a súa cuarta subida interanual consecutiva, o dato galego implica o primeiro incremento desde xaneiro, cando a concesión de créditos sobre vivenda aumentou un 32%, ao outorgarse 3.263 hipotecas.Se a comparativa se establece en relación co mes de marzo, apréciase un aumento dun 1,7% na comunidade, mentres que a nivel estatal deuse unha caída dun 5,9%.Por provincias, na Coruña as entidades financeiras facilitaron 1.413 préstamos sobre vivenda, un 12,7% máis que hai un ano; mentres que en Lugo foron 295, un 21,7% menos; Ourense sumou 169, un 30% menos, e en Pontevedra as entidades facilitaron 943 créditos, un 5,3% máis.En canto ao financiamento medio concedido polos establecementos financeiros, esta foi de 108.685 euros, o que se traduce nunha caída dun 6,62% nun ano. En total, o capital prestado en Galicia alcanzou os 306,4 millóns de euros.En conxunto, a constitución de hipotecas sobre leiras rústicas ou urbanas na comunidade aumentou un 13,5% en abril, ata situarse nas 5.241. Con todo, o capital total destinado a este fin descendeu un 16%, ao alcanzar os 473,7 millóns de euros.O tipo de interese medio ao que bancos, caixas e outras entidades financeiras prestaron o diñeiro foi do 3,92% en abril, o que implica un descenso dun 16,8% en taxa interanual e un repunte do 0,3% respecto de marzo. Mentres os bancos facilitaron financiamento a un tipo medio do 3,81% cun prazo de devolución duns 21 anos; as caixas prestaron a un 4,07% e cunha marxe de 23 anos.

NO CONXUNTO DO ESTADO ESTANCANSE EN ABRIL
O número de hipotecas sobre vivenda constituídas en abril foi de 50.342, o 0,2 por cento máis que no mesmo mes do ano anterior, o que supón un estancamento deste indicador logo de tres meses de subidas consecutivas superiores ao 2 por cento. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, o importe medio das hipotecas constituídas sobre vivendas en abril foi de 114.132 euros, o que significa unha baixada do 1,1% respecto dun ano antes e do 1,9% fronte a marzo.Polo que respecta ao capital prestado para este fin, en abril alcanzou os 5.745,6 millóns de euros, unha diminución do 1% respecto dun ano antes e o 1,9% menos que o mes anterior. Segundo a mesma fonte, o importe medio do total de hipotecas sobre leiras constituídas en abril situouse en 129.734 euros, cifra inferior nun 10,6% á dun ano antes e nun 8,7% á rexistrada en marzo.O número de leiras hipotecadas baixou o 4,3% en abril con respecto ao mesmo mes de 2009 e situáronse en 79.392. Este retroceso debeuse principalmente á caída 31,6% no segmento de leiras rústicas, ata 3.664, en tanto que no caso de leiras urbanas o descenso foi do 2,4%, ata 75.728.O valor das hipotecas constituídas sobre leiras urbanas foi de 9.593 millóns e o das rústicas de 706 millóns, o 10,4% e o 47,2% menos que un ano antes.Entidades de préstamoPor tipos de entidades, as caixas de aforros foron unha vez máis as que concederon un maior número de préstamos hipotecarios, o 50,4 por cento do total, seguidas dos bancos, co 38,4 por cento, e doutras entidades financeiras, que concederon o 11,2 por cento.Con todo, por importe prestado, os bancos situáronse en primeira posición co 45,3 por cento do total, mentres que as caixas prestaron o 42,8 por cento e o resto de entidades o 11,9 por cento.O tipo de interese medio para as hipotecas que se constituíron en abril situouse no 3,92%, o que implica un retroceso interanual do 16,8% e unha subida do 0,3% en comparación con marzo. As caixas de aforros ofreceron aos seus clientes un tipo de interese medio do 4,07% en abril para as hipotecas e un prazo medio de 23 anos, en tanto que nos bancos este prazo foi inferior, de 21 anos, e o interese medio, máis baixo, do 3,81%.Segundo o INE, o 95,4% dos préstamos hipotecarios constituídos no cuarto mes do ano se referenció a un tipo de interese variable, e o 4,6% restante fíxoo a tipo fixo. Así mesmo, o número de hipotecas nas que se modificou algunha das súas condicións situouse en abril en 37.844, cun descenso interanual do 7,7%.
No hay comentarios:
Publicar un comentario