O comité de seguimento do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) reuniuse este venres na Fonsagrada para analizar a evolución do plan e estudar as actuacións futuras. Representantes da Xunta, o Goberno central, a Unión Europea, sindicatos agrarios e Fegamp tiveron ocasión de comprobar o destino das axudas que coordinan, coa visita a unha explotación agraria de Xestoso.
A Xunta decidiu celebrar o encontro na Fonsagrada para achegar aos técnicos das distintas administracións ao medio rural, ámbito de referencia das axudas que xestionan.
O Programa de Desenvolvemento Rural canaliza os fondos que destinan a este fin todas as administracións, co obxectivo de optimizar os investimentos. O obxectivo é fomentar a actividade agraria e pór en valor os recursos de cada zona.
Así, tanto se subvenciona a renovación xeracional nas explotacións como o turismo ou a artesanía local.
Esta mesma semana, publicouse no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de subvencións para mellorar as explotacións agrogandeiras e a incorporación de xente nova ao sector.
Precisamente dunha convocatoria anterior desta liña de axudas beneficiáronse os propietarios da explotación gandeira que este venres visitaron os membros do comité.
Trátase dunha granxa de Xestoso, xestionada por dous mozos que recibiron axudas para a súa incorporación a esta actividade. Dispón de 50 hectáreas de terreo e 70 cabezas de gando vacún. Produce carne amparada pola Indicación Xeográfica Protexida Tenreira Galega.
Os membros do comité puideron comprobar in situ o resultado das axudas ao desenvolvemento rural, tomaron contacto cos receptores dos fondos, coas súas necesidades e escoitaron as súas opinións.
A reunión técnica do comité celebrouse no hotel Fontesacra. Estivo presidida polo secretario xeral da Consellería do Medio Rural e Autoridade de Xestión do PDR, Jorge Atán Castro.
Por parte da Xunta, asistiron, ademais, o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo; o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo Iglesias, e a directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, Alejandra Álvarez de Mon.
Na reunión estiveron presentes tamén representantes do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, da Comisión Europea, dos sindicatos agrarios e da Fegamp. á visita posterior á granxa uniuse o xefe territorial de Medio Rural, Ramón Carballo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario