O Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales ten nova directiva. O ata onte presidente da agrupación, Ignacio Eiros, pasou a testemuña a Xosé Manuel López Tellado no transcurso dunha asemblea celebrada na Fonsagrada.
Tras dous anos de funcionamento, os estatutos obrigaban a renovar polo menos a metade dos 16 integrantes da xunta directiva. O novo presidente é membro da cooperativa Poluga, de Pol. O cargo de vicepresidente asúmeo Salvador Rolda, en representación da comunidade de montes de Negueira de Muñiz, e como secretario actuará Ángel Villada, da asociación de ferreiros de Riotorto. O posto de tesoureira recaeu en Rosa Rois, da agrupación de mulleres rurais de Ribeira de Piquín.
Salvador Ronda explicou ao termo da asemblea que a nova directiva manterá a liña de actuación iniciada pola anterior. O seu traballo incide no aproveitamento patrimonial, tanto desde o punto de vista natural como histórico, dos recursos da zona de influencia do grupo.
Fai especial fincapé tamén no desenvolvemento dos sectores produtivos, en especial a gandería. O vicepresidente indicou que esta actividade é a base económica e social das comarcas da Fonsagrada e Meira e por iso é necesario potenciala.
Referiuse tamén ás posibilidades que ofrecen os recursos naturais para xerar actividade, tanto na vertente produtiva como na social. Apostou por promover proxectos no marco do desenvolvemento sostible para diversificar a actividade económica.
Salvador Rolda espera que a agrupación se asente nos próximos anos e poida seguir funcionando cando termine o Plan Leader.

No hay comentarios:
Publicar un comentario