O BNG da Fonsagrada insta o goberno local a que habilite no concello varios depósitos para a recollida dos residuos plásticos agrícolas.
Os nacionalistas indicaron, a través dun comunicado, que os gandeiros demandan desde hai anos a creación desas instalacións, pero, «a pesar do tempo transcorrido e da importancia deste problema, o goberno municipal non deu ningún paso en positivo para resolvelo».
Ademais, desde o Bloque aseguraron que, con motivo da clausura do vertedoiro municipal, o Concello empezou a enviar os refugallos á planta de transferencia de Sogama en Becerreá, pero estes residuos «quedaron excluídos, agravándose este problema».
Tras indicar que o novo sistema entrou en vigor a comezos de mes, os nacionalistas denunciaron que, desde ese cambio, «estes plásticos quedan abandonados ao carón dos colectores e o vento dispérsaos polo territorio».
Por iso, demandaron unha solución «inmediata» ante ese grave «problema ambiental», aproveitando recursos como o vello vertedoiro e outros espazos adecuados nas parroquias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario