09/07/2012 - Francisco García / El Progreso (Lugo)
Numeroso público congregouse o sábado pola noite no salón de
actos dos Chaos, na Fonsagrada, para asistir á homenaxe ao violinista,
cantor e contador de relatos Florencio dos Vilares, O Cego, un
personaxe de gran relevancia na historia da músical tradicional galega e
natural do municipio. Asistiron moitos dos principais músicos do
panorama folk galego.
Un momento da homenaxe a Florencio dos Vilares na Fonsagrada (Foto: Tanys) |
Un grupo de quince intérpretes, baixo a dirección do
prestixioso zanfonista Germán Díaz, interpretou un amplo programa de
música tradicional. Ademais do concerto, a velada completouse coa
proxección dun vídeo de Florencio dos Vilares e coa participación do
monologuista Celso Sanmartín, que puxo a nota de humor.
O espectáculo no que consistiu a homenaxe foi un resumo de todo
o traballo desenvolvido a través do Proxecto Florencio, deseñado pola
Central Folque e apoiado polo Concello da Fonsagrada e a Deputación de
Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario