11/07/2012 - El Progreso Digital (Lugo)
Un camión cisterna cargado con 30.000 litros de gasóleo
chocou contra unha casa na Lastra (Baleira). No accidente, o
depósito de combustible sufriu danos pola parte superior e perdeu
500 litros, que na súa maioría puideron ser recollidos. Por
causas que se descoñecen, o condutor do camión perdeu o control do
vehículo, que se saíu da vía e chocou contra unha vivenda. O
condutor resultou ileso.
O sinistro produciuse sobre a unha e media da tarde deste mércores,
no quilómetro 37 da estrada que une Lugo e A
Fonsagrada. Fontes do 112 indicaron que no lugar non
hai fontes nin canles fluviais, polo que en ningún momento
houbo risco de contaminación. O combustible que non se
derramou foi transvasado a outro camión cisterna.
No hay comentarios:
Publicar un comentario