NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
jueves, 26 de julio de 2012
«Se a xente maior morre, a nova non nace e as fábricas non fabrican, non sei que vai pasar»
«A Fonsagrada é grande, pero se a xente maior morre, a nova non nace e as fábricas non fabrican... non sei o que vai pasar. ¡Non din que van ter que empezar a parir as mulleres de 80 anos!». Manuel e Ana, e a súa filla Mónica, veciños da Fonsagrada, din asumir con filosofía a situación do municipio tras a presentación por parte de Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados dos recortes sociais máis duros da democracia. «Os anuncios que fixo Rajoy [refírese aos do pasado día 11] son catastróficos para A Fonsagrada», explicaba Manolo Fernández no seu negocio. «A suba do IVA vai acabar co comercio da vila e se desaparecen máis prestacións do paro e da dependencia, non sei como van facer os coidadores e a xente maior», advertía. Cun clima adverso e unha orografía montañosa, A Fonsagrada é terra de xente traballadora e viaxeira. Cóntanse por miles os fonsagradinos que emigraron buscando un futuro próspero, pero sen romper o lazo coa súa terra. A poboación multiplícase no verán e en vacacións por iso. No inverno volve a soidade, xa que a crise económica non devolveu por agora a case ningunha familia á zona.
Protexer ao home
Moitos opinan que a Administración debería «protexer ao home». Para que municipios como A Fonsagrada non morran é imprescindible manter servizos educativos e sanitarios de calidade, e dar facilidades, ou polo menos non entorpecer, aos emprendedores. «Só protexen a natureza, non ás persoas», critica un veciño. «E nin iso fan porque nin limpan nin deixan limpar. Ata botaron uns peixes malos no río que acabaron coas troitas», lamenta José.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario