lunes, 22 de noviembre de 2010

Chegou o día


Os primeiros movementos de terras en San Cibrao iniciáronse hai dez anos. Este luns, 22 de novembro, o novo hospital de Lugo é unha realidade ao empezar a funcionar 28 consultas, como preludio de case dous meses de frenético traslado. As melloras na oferta sanitaria da capital lucense serán radicais.
Éstos son algúns dos aspectos a destacar:
Os cambios. O espazo se cuadruplica, o 42% das habitacións son individuais e faranse varias probas nunha mesma consulta
Como chegar. Haberá buses cada media hora desde o edificio sindical. En coche chégase polas saídas cara a Meira e A Fonsagrada
Por dentro. Instalarase un punto de información no vestíbulo.
Este luns, na edición impresa de El Progreso, insérense planos das catro plantas. Ademais dun repaso ao que vai cambiar en Lugo coa apertura do centro, publicaranse varias informacións de utilidade para os usuarios, como a forma de chegar, os servizos que ofrece (a cafetería xa empeza a funcionar este luns), a distribución dos distintos departamentos ou como informarse. Todo iso está acompañado por varios mapas, para facer máis fácil o uso do hospital por parte daqueles que necesiten acudir a el nestas primeiras xornadas.
+ INFO na edición impresa de El Progreso

No hay comentarios:

Publicar un comentario