A Deputación de Lugo finalizará a principios da próxima semana as obras de construción da nova ponte de Freixo, na Fonsagrada.
O organismo provincial iniciou está actuación despois de que as intensas choivas de marzo provocasen o derrubamento parcial da antiga infraestrutura de pedra que comunicaba 28 accesos rurais das parroquias de San Pedro de Río e San Xulián de Freixo, con máis de 250 veciños afectados.
As obras contan cun orzamento de 135.000 euros e xa foron adxudicadas hai algúns meses. Atrasáronse na data de inicio pola necesidade de esperar a que o caudal de río estivese baixo para poder comezar cos traballos.
Durante a realización das obras o organismo provincial habilitou un paso provisional consistente nunha plataforma de formigón armado situada xunto á estrutura danada. Unha vez que se avaliou a situación e os danos causados polas choivas, a Deputación acordou construír unha nova ponte sobre tres vigas de formigón, cunha lonxitude de 12,5 metros por seis metros de ancho, características moi superiores ás que presentaba o anterior acueducto.
Obras do canon de guntín
A Deputación tamén finalizou recentemente todas as actuacións a cargo do canon no concello de Guntín. Con esta iniciativa, que contou cun orzamento de 243.000 euros, executáronse diversas obras na localidade.
Mellorouse o abastecemento municipal de auga, substituíndo os antigos tubos e acondicionáronse varios accesos a núcleos rurais. Ademais, actuouse unha parcela de titularidade municipal situada na parte posterior da casa da cultura do municipio. Este espazo que se atopaba en desuso, foi convertido nunha praza de utilidade pública mediante a colocación de pavimento, unha zona de céspede e unha rampla acondicionada para mellorar o acceso ao novo espazo municipal.

No hay comentarios:
Publicar un comentario