Sendas resolucións no Parlamento galego e no Congreso parecen acabar coa vella ameaza da creación dun encoro no río Navia, que afectaría a terreos dos municipios lucenses de Navia de Suarna e A Fonsagrada e do concello asturiano de Ibias.
A forte oposición veciñal logrou frear o proxecto orixinal, do ano 1951, no que se prevía incluso o anegamiento da vila de Navia de Suarna. Tras ser modificado varias veces nas décadas seguintes, a empresa concesionaria volveu presentalo en 2008, aínda que o informe de impacto ambiental foi desfavorable.
No seu último proxecto, a promotora, Saltos de Navia, expuxo a construción dunha presa á altura da Fornaza, na Fonsagrada, e a maioría dos terreos alagados -non afectaría a territorios habitados pero si a espazos de gran riqueza natural- pertencerían a ese municipio.
Cando a comezos do ano pasado a empresa presentou o estudo de impacto ambiental do proxecto, os gobernos locais de Navia e A Fonsagrada expresaron o seu rexeitamento ao documento e presentaron alegacións ao mesmo.
Tras recibir o apoio de organismos como a Deputación de Lugo á súa demanda, os concellos viron tamén apoiada a súa pretensión de dar carpetazo ao proxecto tanto no Parlamento galego como no Congreso dos Deputados.
Estas institucións adoptaron resolucións similares, a autonómica en maio de 2010 e a estatal en marzo deste mesmo ano, polas que ambas as cámaras se opuxeron á construción de máis encoros no río Navia, ao considerar que novos proxectos implicarían unha sobreexplotación da canle fluvial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario