Un grupo de alumnos e docentes do IES Fontem Albei, da Fonsagrada, resultou onte premiado no Festival Internacional de Cine de Ourense, dentro da sección OUFF Escola -na categoría dirixida a estudantes de secundaria-, por unha curtametraxe sobre a figura do desaparecido escritor Lois Pereiro, ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.
En concreto, esta obra audiovisual, unha das tres presentadas a concurso polo instituto fonsagradino, levou o galardón ao mellor guion nunha convocatoria de gran prestixio, na que participaron 60 proxectos elaborados por 20 centros educativos de toda a comunidade galega.
En concreto, esta obra audiovisual, unha das tres presentadas a concurso polo instituto fonsagradino, levou o galardón ao mellor guion nunha convocatoria de gran prestixio, na que participaron 60 proxectos elaborados por 20 centros educativos de toda a comunidade galega.
Os promotores do curto ‘Lois Pereiro' foron os profesores Evaristo Pardeiro, Sabela Figueira e Rubén Pol, quen ao longo do curso traballaron cun grupo de alumnos de secundaria e bacharelato na elaboración da curtametraxe premiada onte no Festival de Cine de Ourense. á cerimonia de entrega do galardón asistiu unha vintena de docentes e alumnos do IES fonsagradino.
Segundo explicaron os profesores que impulsaron o proxecto, para reflectir os episodios máis destacados da vida e obra de Lois Pereiro optaron por simular un informativo televisivo coa presenza de dous presentadores e varios reporteiros, papeis todos eles interpretados por alumnos, que achegaron datos sobre o escritor monfortino desde distintos espazos do instituto.
Os outros dúas curtametraxes presentadas polo IES Fontem Albei ao OUFF Escola non levaron premio nesta ocasión, aínda que un deles, ‘Biblioman', que narra as aventuras e desventuras do encargado dunha biblioteca escolar, xa recibiu este mesmo ano o premio do público no Festival Audiovisual Olloboi, celebrado en Boiro.
Ante estes éxitos cultivados, os profesores que tutelaron a creación destes proxectos premiados xa traballan en novos curtos co obxectivo de achegar o mundo audiovisual á comunidade escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario