jueves, 12 de julio de 2012

O choque dun camión provoca a vertedura de 500 litros de gasóleo na Lastra

11/07/2012 - El Progreso Digital (Lugo)
Un camión cisterna cargado con 30.000 litros de gasóleo chocou contra unha casa na Lastra (Baleira). No accidente, o depósito de combustible sufriu danos pola parte superior e perdeu 500 litros, que na súa maioría puideron ser recollidos. Por causas que se descoñecen, o condutor do camión perdeu o control do vehículo, que se saíu da vía e chocou contra unha vivenda. O condutor resultou ileso.
O sinistro produciuse sobre a unha e media da tarde deste mércores, no quilómetro 37 da estrada que une Lugo e A Fonsagrada. Fontes do 112 indicaron que no lugar non hai fontes nin canles fluviais, polo que en ningún momento houbo risco de contaminación. O combustible que non se derramou foi transvasado a outro camión cisterna.

No hay comentarios:

Publicar un comentario