A Audiencia Provincial de Lugo ditou sentenza firme polo xuízo contra os cinco acusados de violación de morada, lesións e detención ilegal dun veciño de Paradanova (A Fonsagrada) en 2007. As penas para os cinco acusados, catro deles familiares, suman 26 anos e sete meses de cárcere. Ademais, establéceselles unha prohibición de achegarse a menos de 500 metros da vítima durante 13 anos, e 663,77 euros de indemnización ao Sergas polos coidados que precisou o agredido.
Manuel López Bermúdez, o seu fillo Marcos López Mosteirín, a súa esposa María Flora Cadavieco, o irmán desta, Maximino Cadavieco, e un amigo, Carlos José Martínez Álvarez foron condenados a catro anos de prisión por detención ilegal. Os catro homes cumprirán, ademais, un ano e seis meses por violación de morada con delito de lesións. A pena da muller por este último delito redúcese a sete meses.
Os feitos xulgados remóntanse ao 12 de novembro de 2007, cando os acusados entraron na casa da vítima —ex parella de Flora e irmán da primeira muller de Manuel— e golpeárono ata deixalo inconsciente. O home foi introducido despois, atado, no maleteiro dun coche, do que logrou escapar cando se dirixían en dirección a Grandas de Salime.

Acordo previo
A confirmación da sentenza non colle por sorpresa, pois os acusados xa manifestaran a súa conformidade despois de que o fiscal rebaixase a petición de prisión dos 60 anos iniciais a 26 e sete meses. Este cambio produciuse despois de que a vítima cambiase a súa acusación inicial de intento de asasinato pola de escarmento "". Previamente, recibiu unha indemnización económica dos acusados.
Manuel López xa está en prisión e os demais deberán ingresar esta semana no penal de Bonxe.

No hay comentarios:
Publicar un comentario