jueves, 17 de junio de 2010

A antiga residencia da presa de Grandas de Salime convértese en hotel




A casa construída para acoller aos enxeñeiros que traballaron na construción do encoro de Grandas de Salime converteuse en hotel. A súa localización, a beiras do encoro e nun punto elevado, proporciónalle unhas vistas privilexiadas que, xunto a unha cociña de calidade apoiada por anos de experiencia, convértense nos maiores atractivos do establecemento.
O hotel As Grandas, de dúas estrelas, conta con quince habitacións. Está ao pé do Camiño Primitivo e desde a súa apertura xa recibiu a visita de numerosos peregrinos.ComedorO servizo de restaurante completa a oferta do negocio. O seu propietario, José Lombardía, rexenta tamén o restaurante Cantábrico, da Fonsagrada, que se gañou ao longo dos anos unha merecida fama de boa cociña. Pretende continuar con esta liña culinaria no novo establecemento.
O restaurante do hotel As Grandas ofrecerá un menú baseado na cociña típica da zona limítrofe entre Galicia e Asturias. José Lombardía explica que a cociña tradicional primará, do mesmo xeito que os produtos propios da comarca, aínda que tamén haberá pratos innovadores. Como exemplo, cita a ensalada de polbo con 'fabas', que combina alimentos tradicionais de Galicia e Asturias.
O hotel está situado no parque histórico do Navia, na cabeceira dun encoro con 30 quilómetros de cola. Trátase dun lugar con gran valor paisaxístico, natural e patrimonial. Lombardía indica que é o enclave ideal para senderistas, amantes da natureza e da boa cociña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario