jueves, 3 de junio de 2010

O CARRO GALEGO




Houbo unha época na que o carro estaba construído integramente en madeira, non tiña pezas metálicas. Incluso hai referencias, cando se empezaron a incorporar as ferraxes ao carro, de que había rivalidade entre os máis puristas, que defendían o carro construído totalmente de madeira, fronte aos que incorporaban ferro
É un feito que a incorporación do ferro ao carro, para cravos, chantois, gardamontes ou gatas da cabezalla, veo a mellorar o seu funcionamento, facéndollo máis resistente e duradeiro e quedando mellor adaptado para determinados terreos moi difíciles. O ferro fixo que se espaciaran máis as tarefas de mantemento, como cambios ou reparación de rodas, e que o carro tivera unha vida máis longa.
Dependendo da zona as madeiras utilizadas na construción do carro podían variar. Na relación adxunta recóllese as máis utilizadas en Galicia para cada unha das pezas principais do carro.





  • Chumaceiras: amieiro e Bidueiro


  • Treitoiras e apeladoiras: carballo


  • Eixe: freixo, amieiro, bidueiro, carballo.


  • Rodas: carballo


  • Chedas e cabezalla: carballo


  • Cadeas: carballo


  • Chavellas: carballo e salgueiro


  • Latas: castiñeiro,bidueiro e carballo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario