domingo, 27 de junio de 2010

Baleira e A Fonsagrada recibirán as primeiras axudas do plan Leader





O proxecto de rehabilitación dunha palloza en Vilardoi (Baleira) e os de ampliación dunha empresa de carpintería e outra de servizos agroforestais da Fonsagrada serán os primeiros en recibir subvencións do plan Leader xestionado polo Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales.
A subvención destes proxectos está confirmada e supera os 50.000 euros. A rehabilitación da palloza, declarada ben de interese cultural, contará cunha axuda de 2.500 euros.
Os outros dous proxectos, de carácter produtivo, permitirán diversificar a oferta de sendas empresas. En concreto, trátase dunha carpintería na que se acometeu unha ampliación e investimento en modernización, e unha empresa de servizos agroforestal que pretende diversificar a súa oferta coa inclusión de maquinaria nova.
O GDR Montes e Vales ten nestes momentos 22 proxectos rexistrados, impulsados tanto por particulares como por administracións e que perseguen manter e crear emprego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario