A asociación de municipios integrantes da reserva da biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón repartirá 600.000 euros entre proxectos de particulares para corrixir impactos ambientais.
Os alcaldes dos 14 municipios integrantes desta asociación -sete asturianos e os galegos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baleira, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Trabada e Ribadeo- reuníronse onte en Vegadeo para estudar as solicitudes de subvención, que superan os dous millóns de euros.
As axudas que concede esta agrupación cobren o 50 por cento do investimento necesario para realizar as obras. Están destinadas a proxectos de rehabilitación de construcións tradicionais, substitución de elementos impropios por outros máis acordes coa contorna e outro tipo de actuacións para reducir o impacto ambiental das edificacións.
A convocatoria desta liña de axudas foi moi ben acollida pola poboación dos municipios integrados na reserva da biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón. As solicitudes superaron con fartura o orzamento dispoñible, polo que os alcaldes analizaban onte con detalle as peticións para seleccionar as máis adecuadas ao programa de actuación.
A asociación financiará estas obras con parte dos fondos que o Ministerio de Medio Ambiente destina a iniciativas de desenvolvemento do territorio da reserva da biosfera e de conservación da contorna.

No hay comentarios:
Publicar un comentario