
Recordou que no caso de Becerreá, hai un compromiso do PP anunciado durante a última campaña electoral e hai un acordo municipal no mesmo sentido que contou co apoio de toda a corporación, da que forman parte os populares. Recordou que os municipios da montaña están á cabeza en envellecemento da poboación e que esta é a única zona con cabeceiras comarcais sen unha residencia da terceira idade, fronte a algunhas outras nas que vai ser construída a terceira.
Carpa da e-Administración
Por outra banda, unhas 2.000 persoas pasaron durante as dúas xornadas da feira fonsagradina pola carpa que utiliza a Deputación para dar a coñecer como funciona a Administración electrónica. Ten 230 metros cadrados e os visitantes recibiron material tecnolóxico.
Ademais de xente da zona, houbo visitantes doutras partes da provincia, de Galicia e ata das comunidades limítrofes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario