O alcalde de A Fonsagrada sinala o lugar onde está proxectado o encoro de Suarna (Foto: J. Vázquez /AEP)
A comisión de Medio Ambiente do Congreso dos Deputados aprobou onte por unanimidade unha proposición do BNG para que non se constrúan máis encoros no río Navia. Esta iniciativa podería supor o freo definitivo ao proxecto de construción do encoro coñecido como Pequeno Suarna, que a asina Saltos do Navia proxecta na Fonsagrada.
O texto do BNG demandaba a suspensión definitiva da concesión de novos aproveitamentos hidroeléctricos na conca deste río, «dada a sobreexplotación existente e o impacto ambiental».
No entanto, como as formulacións dos grupos socialista e popular eran «basicamente» coincidentes, explicou o BNG, o deputado Francisco Jorquera aceptou transaccionar un texto final con ambos. Así, o documento aprobado pide que se fixe o limiar máximo de aproveitamentos hidroeléctricos no río Navia no número actualmente en explotación, dado o risco ambiental que se derivaría de novos incrementos da presión».
Os grupos emprazan ao Executivo a permitir «unicamente as repotenciaciones dos actuais aproveitamentos, a condición de que non supoñan un impacto ambiental irreversible e persistente». A proposta do PSOE incluíuse tamén no texto a proposta de que se tramiten os expedientes de caducidade das concesións «que non se atopan actualmente en explotación e sexan medioambientalmente inviables».
Jorquera puxo de manifesto que no río Navia «xa existen tres encoros e catro centrais hidroeléctricas que ocupan uns 45 quilómetros, algo máis do 40 por cento do seu percorrido», e referiuse ao proxecto de construción do encoro no alto Navia, concretamente entre A Fonsagrada e Navia de Suarna, que ten a súa orixe nunha orde ministerial de 1951, modificada en 1963. «é preciso anular definitivamente os proxectos que ameazan ao Navia», concluíu.

No hay comentarios:
Publicar un comentario