O alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, entregou onte á ministra de Medio Ambiente, Rosa Aguilar, unha copia das alegacións que presentou o Concello ao trazado da liña de alta tensión Boimente-Pesoz. O rexedor socialista solicitou á ministra que revise o proxecto para buscar unha localización alternativa do tendido que resulte menos lesiva para os veciños da Fonsagrada.
Argelio Fernández aproveitou a visita de Rosa Aguilar a Lugo para presentarlle os trámites realizados polo goberno local da Fonsagrada para oporse ao trazado previsto por Rede Eléctrica Española (REE) para esta liña.
O alcalde fonsagradino pediu á ministra que antes de dar a autorización definitiva ao proxecto teña en conta a postura dos afectados, que consideran que a liña dana seriamente os seus intereses económicos e patrimoniais.
Rosa Aguilar comprometeuse a estudar o caso «con atención», segundo indicou Argelio Fernández, quen estima que «as reivindicacións parecéronlle lóxicas».
Membros da asociación Camín Grande, que reúne a afectados pola liña de distintos municipios, achegáronse á ministra durante a inauguración da Edar de Lugo para solicitarlle unha entrevista e pedir o amparo do ministerio. Rosa Aguilar aseguroulles que estudará o caso e que os técnicos de Medio Ambiente reuniranse cos seus.

No hay comentarios:
Publicar un comentario