A primeira edición do Mallinrío, un festival de música nova, que se celebrou o fin de semana no Val de Piñeira, un lugar de singular beleza situado a uns 20 quilómetros da Fonsagrada, tivo máis inconvenientes dos esperados. Choveu e a concorrencia non foi tan elevada como esperaban e, ademais, o camión co palco onde tiveron lugar as actuacións quedou atascado sen poder saír. O Concello da Fonsagrada enviou onte á zona unha paleadora para abrir a pista sen asfaltar pola que descendeu o vehículo. E aí estaba en realidade o problema. O camión puido baixar. Pero non podía subir.
O Mallinrío, un nome derivado das celebracións do día anterior (cunha malla tradicional e unha comida con máis dun centenar de participantes), celebrouse nun prado á beira do cal discorre un río, o Ferreira, que pouco despois desemboca no Eo. A organización correu a cargo dun grupo de veciños que ata realizaron un singular chamamento nas redes sociais («ven mallar palleirán», proclamaban), pero que nunca se esperaron tal desenlace das cousas.
Para o festival contrataron aos Minhotos, A Banda dá Balbina e Medomeda. As actuacións tiveron lugar o domingo e prolongáronse ata a madrugada do luns. Ese día pola mañá, cando ían sacar o remolque escenario, resulta que foi tarefa totalmente imposible. «Se entrou, ten que saír», profetizaron algúns. Equivocábanse. O tráiler co remolque baixou ata o prado xa con algunha dificultade por unha pista sen asfaltar que ten un gran desnivel. Os intentos de subilo foron infrutuosos.
Cedeu o terreo
Un dos organizadores explicou na tarde de onte que a pista en cuestión estaba recentemente feita con zahorra. Nalgúns puntos, especialmente nas curvas, o terreo cedeu lixeiramente cando baixou o camión.
A esa blandura do terreo uníronse os efectos da choiva que se rexistrou o domingo. Con todo este panorama, as rodas do vehículo enterrábanse na pista imposibilitando a súa saída. Ademais, existía o risco de que o terreo seguise cedendo nalgúns puntos, co cal o condutor optou por cancelar a arriscada manobra. levou a cabeza tractora do vehículo e deixou o remolque.
Non poder dispor dun palco en pleno mes de agosto é todo un contratempo para a empresa propietaria, máxime sabendo que na axenda teñen outra festa para mañá. A situación era de apuro e unha das posibilidades de que o escenario puidese saír do Val de Piñeira era conseguindo unha pa escavadora que volvese acondicionar a pista, abríndoa nos puntos máis estreitos, reparando as zonas onde cederon as terras e as pedras e ata, pisando sobre o firme para darlle unha maior consistencia ao mesmo.
Os organizadores pediron ao Concello que lles botase un cable. Envioulles na tarde de onte unha pa que comezou os traballos precisos para levar a cabo o rescate do palco. O seguinte capítulo será hoxe, cando intenten subir o remolque.

No hay comentarios:
Publicar un comentario