lunes, 29 de agosto de 2011

OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S. 1. ENXERTAR (I)


1. METODOS PARA PROPAGAR PLANTAS


Os principais métodos para multiplicar vexetais son estes 3:
  • Sementes.

  • Gallos.

  • Enxertos

  • Por sementes (progación sexual) a descendencia é variable, pero polos outros dous métodos (propagación asexual) a planta resultante ten os mesmos xenes que a planta nai, é dicir, é un clon. Deste xeito, as boas características das variedades de froitas e plantas ornamentais manteranse na descendencia se empregamos a propagación asexual: gallos, e enxertos.
    2.- EN QUE CONSISTE UN ENXERTO?

    En unir unha parte dunha planta a outra. O resultado é un individuo autónomo formado por 2 plantas diferentes.
    É posible facer enxertos múltiples, é dicir, enxertar máis dunha xema ou puga sobre un mesmo patrón. Por exemplo, para obter unha maceira con varias variedades de mazás; unha roseira con flores de distintas cores; Datura arbórea con flores brancas e vermellas á vez... O inconveniente é que a vida das plantas con enxertos múltiples se acurta bastante e pode chegar a durar só 2 ou 3 anos; depende
    3. A QUE SE CHAMA PATRON E A QUE ENXERTO?


    A INXERTO B PATRON


    PATRON O PORTAENXERTO é a planta que recibe o enxerto.

    ENXERTO OU VARIEDADE é o anaco de talo ou a xema que se fixa ao patrón para que se desenvolva e dea ramas, follas, flores e froitos.Por exemplo: case todas as árbores froiteiras producense cultivando un patrón a partir de semente e a él enxértaselle unha xema da variedade desexada.

    Se te fixas un pouco por enriba do colo poderás observar un pequeno avultamento ou curvatura; ese é o punto onde se enxertou a xema. (Imaxe de abaixo).Polo tanto, a maioría de árbores froiteiras que vemos son en realidade 2 plantas: as raíces pertencen a unha especie ou variedade e o madeiro e as ramas pertencen a outra.

    Algúns froiteiros non hai necesidade de enxertalos, como a oliveira ou a figueira. As roseiras que compramos veñen case todos enxertadas.

    Moitas árbores ornamentais enxértanse tamén. Exemplos:Mimosa (Acacia dealbata) sobre outra especie de Acacia máis resistente á calcaria.Unha variedade de Ciprés, Cupressus sempervirens 'Stricta', ten un porte máis estreito e enxértase sobre o Ciprés común para manter esta característica ornamental.O enxerto en Coníferas para manter características especiais, por exemplo, Cedrus deodara pendula (ramas caídas).




    Punto de enxerto

    4.-UTILIDADES DOS ENXERTOS

    1. O enxerto é un método de multiplicación que mantén as características dunha variedade de froita ou de planta ornamental. Expliqueino máis arriba. É dicir, que unha variedade de froita de calidade ou unha árbore cunha floración ornamental, se queremos que a descendencia teña estas características con exactitude, multiplícase por gallos,ou enxerto; non por semente, onde a descendencia adoita ser variable.

    2. Permite aproveitar as boas características que achegan os patróns. O patrón ou portaenxerto pon as raíces e ofrece unha maior resistencia a chans malos, calcarios, encharchados, con fungos, pragas... depende do patrón que sexa. Por exemplo:As roseiras adóitanse enxertar sobre unha roseira silvestre que ten raíces moito máis resistentes que as raíces que pode emitir unha variedade de flor.Ou as variedades de melocotoeiros enxértanse sobre patróns resistentes aos chans calcarios. Así case todos os froiteiros.

    3. A partir de enxertos pódense obter plantas máis baixiñas. Exemplo típico son as maceiras de porte baixo que se enxertou sobre patróns enanizantes. Esta redución do vigor dá lugar a unha planta que ocupa menos espazo (pódense plantar máis densidade por superficie) e facilita a recolección de froitas.

    4. Certos patróns provocan un atraso ou un adianto na floración ou frutificación en árbores froiteiras. Esta característica pode ser interesante comercialmente.




    As pereiras multiplícanse por enxerto
    Manzaneiros con patrón anano


    5. Algunhas variedades de plantas non é posible multiplicalas por sementes ou son moi difíciles a partir de gallos. Nestes casos recórrese ao enxerto. Exemplos: as pereiras ou a variedade Gordal de oliveira non hai quen as enraíce por estacas e enxértanse.

    6. Unha aplicación ornamental son os enxertos múltiples. Permiten ter nunha mesma planta flores de distintas variedades ou varios tipos de froitas.

    7. O enxerto tamén serve cando unha variedade de froita xa non é interesante comercialmente. Pódese cambiar por outra enxertándoa nas árbores existentes sen necesidade de levantar a plantación.

    8. O enxerto é unha opción para rexuvenecer unha árbore vella.

    9. O enxerto de ponte emprégase para reparar codias danadas.




    Enxerto de ponte





    Cambio de variedade

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario