viernes, 5 de febrero de 2010

FEIRA DO BUTELO 2004








Nunca tanta xente acudira á Feira do Butelo dá Comarca dá Fonsagrada como na sétima edición que se celebrou este fin de semana. Ás 3 da tarde de onte xa se venderon os 6.000 quilos de butelo que se puxeron á venda. «A clave estivo na forte campaña publicitaria que fixemos, e coa que conseguimos traer a xente de fóra de Lugo», sinalaba o tenente de alcalde, Carlos López.
E é que estamos en febreiro, tempo de Entroido, cos seus produtos máis típicos como protagonistas de feiras, mercados, restaurantes e vivendas particulares. Os comedores da hostalería da Fonsagrada viviron unhas xornadas de cheos absolutos, con numerosas persoas facendo cola para degustar butelo e cocido. «Para ou próximo ano queremos xuntar a hosteleiros e industrias cárnicas con fin de ampliar a feira e ofrecer máis atractivos aos visitantes», explicou Carlos López.
No recinto feiral, xunto ao Museo Comarcal que estes días recorda ao Caballero de París , déronse cita 45 postos de venda de todo tipo de produtos. Os prezos tamén invitaban á compra do alimento máis famoso da comarca. O quilo medio do butelo foi de 8 euros.
Aínda que foi unha mañá fría, a ausencia de choiva tamén animou que a numerosos lucenses acudisen á Feira de Nadela. Unha vintena de postos puxeron á venda os produtos do porco e de tempada, como as filloas. ¿Os prezos? A ducia de chourizos estaba a 10 euros, o touciño e os chicharrones ou roxós , a cinco o quilo e o butelo a 10 euros.
A feira, organizada pola Asociación de Amigos do Campo dá Feira de Nadela, e que contou coa colaboración de institucións e empresas privadas, tivo como pregoeiro ao avogado e presidente de Prescolar na casa, Alejandro Fernández Pumariño, quen fixo unha defensa sen concesións da carballeira da parroquia. «Vos carballos gardan as conversas de moitas amizades e de noivos», sinalou.
Pumariño recordou as boas perspectivas de futuro de Nadela, coa apertura dunha urbanización de vivendas e a máis que previsible conversión da actual N-VIN nunha rúa do pobo.
Pola súa banda, o alcalde de Lugo, José López Orozco, quen visitou o feiral para comprar produtos do campo, recordou no seu discurso a todos os membros da corporación que acudiron á feira (habíaos dos tres grupos políticos) e comprometeuse a preservar e conservar a carballeira de Nadela.
A festa terminou cunha degustación gratuíta de produtos de Entroido e cos ritmos musicais de orquéstraa Almirantes, que actuou na sesión vermú e pola noite.
Coas feiras de onte dáse a saída aos numerosos mercados de Entroido deste mes, como o que se celebrará o vindeiro domingo en Navia de Suarna, coa androlla.

FEIRA DO BUTELO 2001









Cuatro fueron los productores que acudieron a la Feira do Butelo de A Fonsagrada. Todos señalaron que la edición de este año fue la de mayor éxito de público y de ventas. Cada puesto vendió una media de 1.500 butelos en las dos jornadas que duró la feria. Además, los visitantes, que acudieron de diversos puntos de Galicia y de zonas limítrofes de Asturias, compraron lomo -a 2.500 el kilo- y chorizo y salchichón, a 1.500. Los butelos se vendía a 1.350 el kilo.
Los organizadores, la Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Fonsagrada, entregó a los cuatro productores unas placas bajo el título de Premio á calidade. Los seiscientos metros cuadrados de la carpa se quedaron pequeños para acoger a los visitantes, por lo que los vendedores solicitan más espacio para el próximo año. Además de butelo, se podían comprar, entre otros, licores, tartas, quesos, objetos artesanos e incluso cuadros.
Entroido
Por su parte, cientos de lucenses acudieron al mediodía a Nadela para disfrutar de la feria que organiza la asociación de San Mamede dos Anxos y el Concello. Una oportunidad para adquirir productos del país, como grelos, chorizos, lacones, cabezas de cerdo, butelos, pan, miel, o quesos. Acuedieron el alcalde de Lugo y miembros de la corporación. A los productores, la mayoría asiduos del mercado de la Praza de Abastos, se les hizo entrega de un obsequio.

FEIRA DO BUTELO 2009





O alcalde de A Fonsagrada, Argelio Fernández, asegura que está moi satisfeito polo éxito acadado na última edición da Feira do Butelo, celebrada na vila a pasada fin de semana. Para o futuro di que o Concello ten dúas metas relacionadas coa garantía da calidade do embutido e coa súa promoción.
-¿Como resultou a feira con respecto ás previsións que tiñan?


-Os datos están aí e o balance é totalmente positivo. Case todos os postos desta zona acabaron as existencias; houbo moita xente e ademais tivemos a axuda do tempo. Todo elo fixo que a xente que nos acompañou pasara unha fin de semana estupenda e creo que os visitantes e os veciños puidemos disfrutar moito con espectáculos como as actuacións musicais.


-¿Hai algo que destaque por enriba de todo?


-Por exemplo, que á media tarde xa se esgotaran os butelos postos á venta, e en algún caso ao mediodía xa non os tiñan, a pesares de que que como a feira vai a máis, cada ano os produtores tamén aumentan a cantidade de quilos que poñen á venda.


-¿Que farán agora para impedir o estancamento da feira?


-A feira está totalmente consolidada e Medio Rural acaba de publicar a orde para certificar a orixe do noso butelo, que ten que ter unha salvagarda. Esta fin de semana xa estivemos falando diso co director de Industrias Agroalimentarias, Xosé Mouriño. Ao longo do ano tamén buscaremos a forma e intentaremos presentar o butelo nos grandes mercados, como Madrid e Barcelona, pero os recursos do Concello so

O CASTIÑEIRO













¿Cándo e ónde naceu o primeiro castiñeiro? ¿Cómo se chamaba o home que o prantou? ¿De ónde sacou a castaña? ¿Qué foi primeiro a castaña ou o castiñeiro?
Estas preguntas son absurdas, pero poden servir para despertar a nosa curiosidade.
Hai quen pensa que o castiñeiro é unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que o castiñeiro foi "inventado" en Galicia fai varios centos de anos. .... E hai quen mira para un castiñeiro ... e non pensa nada.
Para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro, vouvos a contar aquí algunhas cousas curiosas desta árbore.







I.- O castiñeiro no mundo


- O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (fai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban millor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos.

- Hai castiñeiros en Galicia. Hai castiñeiros en gran parte de Europa. E hai castiñeiros nas zonas templadas do Hemisferio Norte, nos continentes de Europa, Asia e América.

- Nun principio o castiñeiro vivía en áreas mais septentrionales das que hoxe habita, pero cando chegaron as glaciaciacións enfriou o clima e o castiñeiro retrocedeu, e en Europa refuxiouse na zona mediterránea. Máis tarde, cando o clima volveu a cacer un pouco, o castiñeiro volveu a extenderse pouco a pouco por outras zonas, pero moi lentamente debido a que a castaña pesa moito e non pode ser transportada polo vento, senon que para viaxar dun lugar a outro ten que ser levada por homes ou animais.

- No mundo enteiro, os países que máis castañas producen son: A China, Corea, Tuquía, Xapón, Italia, Francia, .... A China é o país do mundo que mais castañas produce. Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos.

- O castiñeiro foi considerado en Norteamérica como a "árbore nacional" ou como "arbore de tódolos americanos". Pero en 1904 uns árbores procedentes de Asia levaron a América a enfermedade do "cancro" do castiñeiro, a cal ocasionou en poucas décadas a morte de máis de 40 millóns de castiñeiros, producindo a maior catástrofe forestal e ecolóxica que se recorda, e provocando a desaparición case que total do castiñeiro de Norteamérica. Eso deu lugar a que o castiñeiro fose sustituido polo "roble" como árbore emblemática de Norteamérica.

II.- O castiñeiro en Galicia

- Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.


- Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. Nos traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros galegos non se atoparon sinais de que os seus moradores comesen castañas.



- Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña, e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.



- Pode ser que en Galcia houbese castiñeiros espontáneos e non cultivados dende moi antiguo, pero que as variedades que dan boas castañas fosen introducidas polos romanos.



- En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuiron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían consquistando.



- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, convertíndose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise extendendo o cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: A castaña empezou a quedar en un lugar secundario, pasando a ter mais importancia na alimentación humana as patatas e os cereais. Esta sustitución da castaña pola patata explica que en algúns sitios ás patatas se lles camase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patatas se lle chame "castanal".



- A medida que se extendían os cultivos das patatas e dos cereais, o castiñeiro iba retrocedendo, refuxiándose no interior de Galicia. E no final do século XIX e no século XX este retroceso acentuouse como consecuencia da aparición da enfermedade da tinta.



- A enfermedade da tinta ocasionou a morte de moitos castiñeiros en Europa; en Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920, pero hoxendía a súa presencia é moito menor, tanto debido a que o axente que produce a enfermedade xa non é tan virulento como a que se desarrollou a prantación de castiñeiros resistentes á tinta.



- Hoxendía a rexión de España na que hai mais castiñeiros é Asturias. Pero tamén hai moitos en Galicia, Cantabria, Navarra e Cataluña. No Pais Vasco había moitos pero nos derradeiros setenta anos case que desapareceron. No resto de España hai poucos.



- En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Caurel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...).




- En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados, deboucados ou desmouchados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente, ... Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé.




III.- A lonxevidade do castiñeiro. Castiñeiros famosos.



- De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva mais vella de Europa. E cóntase que, estando por alí de visita Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e a dita señora e todo o seu séquito formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos refuxiaronse debaixo da copa deste castiñeiro, que por eso se conoce como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS.




- En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, moi próximo a aldea de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, no concello de Manzaneda (Ourense). Para chegar a él vaise pola carretera que vai de Pobra de Tives a Manzaneda (pola Encomenda), tendo que percorrer ó final un pequeno treito a pe por bo camiño. Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno. É un castiñeiro sin terra (a propiedade do terreno onde está pertenece a unha persoa e a propiedade da árbore a outra, tendo ésta última un dereito de aproveitamento integral de todo o que dá o castiñeiro: castañas e madeira). Nos anos 90 do século XX a propiedade do Castiñeiro de Pomariños foi cedida á Xunta de Galicia.



- Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, que están na parroquia de Catasós, a tres km. de Lalín, na marxen esquerda da carretera N-551 que vai de Santiago a Ourense, dentro dun fermoso bosque formado por carballo e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela ten arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros.



- E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras, que se pode ver na seguinte foto. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que ainda da moitas e boas castañas.



IV.- Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña.



- O castiñeiro ten hoxe un doble valor: - ecolóxico e económico.




Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia. ¿Canto vale unha paisaxe?.





Valor económico: a madeira e as castañas.




A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa, para pontós e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas e arcaces, .... Sempre foi unha madeira moi valorada pola súa longa duración, e por eso "os vellos" decían: "o castiñeiro é eterno". E a sua lonxevidade en bó estado refléxase no feito de que pode durar centos de anos sin podrecer e tamén no feito de que non a entra a polilla. É frecuente toparse con un mueble feito en parte de castiñeiro e en parte de outras madeiras e observar como as táboas que son de vidueiro ou pino están totalmente apolilladas e as que son de castiñeiro están intactas e non teñen nin un soio burato de polilla.
A madeira de castiñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos, ... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro.

.A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ó modo tradiccional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ...... A industria da castaña está tamén desenrolando formas novas de recollida da castaña (por medios mecanizados) e de conservación e manipulación da castaña (tratamento por inmersión en auga, desecación, fumigación, pelado por medios automatizados, conxelación das castañas peladas, ....).


- Para que a castaña se conserve e non se pudra débense seguir as seguintes pautas: 1) Unha vez que cae da árbore débese recoller o máis pronto posible. Non debería pasar no chau máis de 48 horas. 2) Débese ter o menor tempo posible encerrada en sacos, e non se debe ter amontonada en montóns grandes. 3) Débese poñer o mais pronto posible a unha temperatura de 0º Centígrados, pois a 2ºC xa empeza a xerminar. 4) Débese ter en sitios refrixerados.



- Italia é o país europeo que máis castañas produce. Francia, ademáis de ser un importante productor, é o país europeo que máis castañas importa. En Europa hai máis de trescentas variedades ou clases de castañas.



- A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico; é un alimento básico para os pobos máis pobres, por eso en Francia se lle chamaba ás castañas "o pan dos pobres". Nos tempos en que non había patatas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia. (Lembremos que a patata procede de América e foi introducida en Europa por primeira vez -en Sevilla- no ano 1.557).

- Na China, na literatura de fai 6.000 anos hai constantes referencia á castaña, como alimento popular, e ainda hoxe se poden topar centos de recetas para preparar as castañas.



- O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculin




V.- O futuro do castiñeiro.


- En Europa, o abandono do cultivo agrícola en moitas terras pode dar lugar a que nelas se pranten castiñeiros. O castiñeiro podería ter moito futuro.


- Moitos din que o castiñeiro é unha árbore de crecemento lento, pero non é certo. É de crecemento rápido, e con trinta anos pode chegar a ter medrio metro de diámetro. E si se quere aproveitar para madeira a millor idade para cortalo é cando ten entre 70 e 90 anos, pois a partir dos 90 medra máis lentamente e ademáis pode que se estropee por dentro e non sirva a madeira.

- A tendencia ó esgotamento das madeiras nobres procedentes dos paises tropicais pode dar lugar a que cada vez teña máis importancia a madeira do castiñeiro.

- Hoxendía prantar un souto de castiñeiros pode que non sexa unha actuación puramente romántica dun ecoloxista soñador e visionario; poñer un souto hoxe é tamén unha boa inversión dende o punto de vista económico.
- O castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta e, seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".as da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.




REFRANEIRO DAS CASTAÑAS




  • A castaña e o besugo, en febreiro están en zugo.
  • A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo.
  • A castaña no agosto quer beber e no setembro comer.
  • A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.
  • A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.
  • A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.
  • A castaña que está no camiño é do veciño.
  • A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
  • Ano de moitos ourizos desfai os canizos.
  • As castañas do castiñeiro hai que asalas no asadeiro.
  • As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
  • As castañas están caendo e estanse facendo.
  • Candea aberta, seitura certa
  • Cando vire-la candea no castiñeiro, leva a ovella ó carneiro.
  • Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
  • En agosto, as castañas arder e en setembro beber.
  • En ano de ourizo non fagas canizo.
  • En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
  • Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara.
  • Furtando unha castaña e outra castaña, faise mala maña.
  • Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruís.
  • Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruíns.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • Non quero pereira, quero castiñeiros para ter castañas o ano enteiro.
  • O castiñeiro, na man no burato, e o carballo no carro.
  • O que non sabe a maña, non come castaña.
  • O que non sabe de mañas, non come castañas.
  • O que non ten mañas, non come castañas.
  • Para o ruín porco sempre hai unha boa castaña.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Por Pascuas de Resurrección tres cousas teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.
  • Por san Quintín castañas ó rolín.
  • ¿Quen vos trouxo os meus odres? Castañas asadas e sardiñas podres.
  • Se chove o día de San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís.
  • Se chove o día de San Pedro Fiz, castañas malas e bolecos ruís.
  • Se hai neboeiro día de San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo e se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
  • Sempre o porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Tan honrado é o caldo coma as castañas.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.
















martes, 2 de febrero de 2010

A Fonsagrada, no límite asturiano




A sección As Comarcas de Galiza continúa o seu percorrido pola xeografía galega sacando á luz recunchos destacados polo seu valor natural, paisaxístico e etnográfico. Desta vez achegámonos ao patrimonio da Fonsagrada, unha comarca formada polos concello de Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñíz, e poboada dende a antigüidade como testemuñan as moreas de restos arqueolóxicos topados na zona.


A Fonsagrada abrangue un espazo amplo nas serras orientais, ao leste da provincia de Lugo, entre A Terra Cha e a fronteira con Asturias. Ocupa case 700 quilómetros cadrados pero, o seu relevo irregular, con fortes pendentes e bastante altitude, dificulta a súa explotación agrícola e, en consecuencia, non contou nunca cunha ocupación masiva do territorio (na actualidade só habitan a comarca ao redor de 8.600 persoas).

Malia todo, dende o punto de vista natural “é unha comarca de gran interese”, segundo Adela Leiro, porque “conserva grandes espazos de bosque autóctono protexido, impresionantes paisaxes de val e montaña e considerábeis valores etnográficos, históricos e artísticos”.

Non é probábel que esa fose a razón que levou ás xentes do Neolítico a estabelecerse nesta zona, pero o certo é que estas terras foron ocupadas dende antigo. Para algúns autores, a historia da comarca remóntase ao século IV, cando adquiriu importancia como estación dun itinerario entre Asturias e Lugo, aínda que se conservan castros e algún dolmen anterior a estas datas.

A devoción e peregrinaxe a Compostela tamén deixaría pouso na comarca. Por ela pasaba un dos itinerarios do camiño de Santiago e foi tal a importancia que adquiriu que foi mudando mesmo a súa historia. No camiño, era obrigada a visita da capela de Santa María de Fonsagrada, onde había un albergue e unha fonte, de nome Fontem Sacra, que algún apunta que podería ser a orixe do topónimo.

Pero ademais de lugar de paso para a fe cristiá europea, a Fonsagrada foi tamén testemuña dalgunhas loitas das potencias do vello continente. Durante o primeiro terzo do século XIX, no ano 1809, pola zona libráronse escaramuzas entre franceses e galegos. As tropas francesas pasaron por alí capitaneadas por Soult en persecución do xeneral Sir John Moore e incendiaron o lugar da Fontaneira. Como reacción, os veciños de Baleira, dirixidos por Xosé María Páramo e Montenegro, xunto cos dos actuais concellos de Baralla e Castroverde, opuxéronse aos franceses.

Lecer verde

A actividade turística baseada na natureza comeza a explotarse como recurso, sumándose así ás ocupacións principais de gandería, aproveitamento forestal, pequenas industrias e do sector servizos.

Ao redor do encoro de Grandas de Salime pode realizarse unha ruta duns 20 quilómetros. Comeza en Escanlar, no concello de Negueira de Muñíz, no límite con Asturias, continúa por Ernes, Foxos, Vilaseca, Ouviñao até Chao de Arquela.

Destaca polo seu interese paisaxístico o Monte da Marronda, no concello de Baleira, que se presenta como o enclave máis occidental de Europa no que se atopan faias. No mesmo concello, tópase tamén a Fraga de Estornín, onde nace o Eo, onde se dá unha grande variedade de flora e fauna.

Etnografía entre catro paredes

Na Fonsagrada inaugurouse en 1985 o Museo Etnográfico, que ocupa tres plantas do Centro cultural da vila, dedicado a etnografía e a arqueoloxía. No seu interior poden verse unha representación dunha cociña típica galega, cos seus elementos fundamentais, unha fragua e obxectos relacionados cos oficios tradicionais do lugar, como era o caso dos zoqueiros, castañeiros, cesteiros ou tecedoras.

Fóra da museo, consérvanse exemplos de todo ese patrimonio espallado pola comarca. Un deses elementos característicos da comarca, xunto cos canastros, son as pallozas, que durante séculos se usaron na alta montaña dentro da economía gandeira. Este tipo de construcións aínda se poden ver en lugares como Paradavella, Pedrouzos, Ervelás e Liñares de Maderne.

Tamén quedan restos de ouriceiras no interior dos soutos, que serviron no pasado, coa súa planta circular realizada en cachotería, para secar e conservar as castañas dentro do seu propio ourizo, o que favorecía a súa conservación durante todo o ano.

A comarca conta no seu haber con dúas marcas dentro dos rexistros galegos. Dunha banda, dentro dos seus límites sitúase o concello máis extenso do país, A Fonsagrada, con máis de 29 parroquias e 278 entidades menores de poboación. Doutra, contar cun dos concellos menos poboados, Negueira de Muñíz. De feito, este factor contribuíu a construción do encoro de Grandas de Salime, que anegou en 1956 unha grande parte do territorio, no val do río Navia e provocou o traslado de parte da súa poboación ás zonas desecadas da Terra Cha.


Teixo de Córneas, 400 anos de historia


No concello de Baleiras resiste un dos teixos máis antigos de Galiza, o teixo de Córneas. Mentres seguían a chegar a Sevilla os metais preciosos de América vía marítima, ao redor do 1600, na parroquia de Córneas plantábase no adro da igrexa o que está considerado o teixo máis vello do país. Actualmente mide máis de 7,4 metros de perímetro troncal e 14 metros de altura.

Pero non é o único da comarca. Na Fonsagrada, ao carón da igrexa, poden contemplarse dous exemplares, os teixos de Carballido, que miden 14 e 11 metros de altura e 4,50 e 4 metros respectivamente. Ambos teñen ao redor de 150 anos.

Destaca tamén o teixo da Pasada, na casa de Riba, na Parroquia de Fontaneira (Baleira), con 9 metros de contorno e 20 metros de altura.



Unha ducia de fervenzas



Pola súa orografía, a comarca conta cun elevado numero de fervenzas e pequenos saltos de auga, ás que en moitas ocasións se pode acceder a través de rutas de sendeirismo sinalizadas. Unha delas é a seimeira de Vilagocende, na parroquia de Martiño de Suarna (A Fonsagrada), cunha caída de máis de 50 metros sobre un val de lousas con paredes de cuarcita. A zona está acondicionada cunha senda e pontes de madeira.

Menos espectacular é a fervenza de San Paio, na parroquia de Cubilledo. O salto ten unha altura de 10 metros pero está un pouco modificado pola presa do muíño. Está rodeado por bosque de ribeira, nas proximidades da fraga da Marronda.

Outra ruta posíbel conduce ás Seimeiras do Queixoiro, na parroquia da Bastida (A Fonsagrada). O rego do Queixoiro discorre por un terreo de lousas e forma numerosos rápidos e fervenzas. A primeira mide ao redor de 15 metros e a segunda 12. A ruta discorre por bosques vellos de castiñeiros onde se conservan restos de ouriceiras.

historicamente os habitantes fixeron aproveitamento dos recursos do lugar. Neste sentido, paramos nos muíños, ferrerías e mazos que se esparexen polos ríos da Fonsagrada e que serviron para moer secularmente cereais e para traballar os metais.

Antón Santamarina: ‘De 37.297 topónimos só se discute A Coruña'

















Desde 1979 forma parte da Comisión de Toponimia, o organismo encargado de ditaminar cales son as formas oficiais dos topónimos galegos que están a disposición pública na web da Xunta. En trinta anos só se mantén viva a polémica do topónimo da cidade da Coruña. Unha única disensión entre 37.297 topónimos resoltos. Antón Santamarina (A Fonsagrada, 1942) é lexicógrafo, membro da Academia Galega e catedrático de filoloxía na Universidade de Santiago.


Vostede pertence á comisión de estudos que ditamina sobre os topónimos galegos desde 1979, nunha etapa preautonómica. A recuperación da toponimia era unha reivindicación moi sentida.

Tamén por parte das autoridades daquela. Lembro que ía haber unha viaxe oficial e querían mudar ao galego de inmediato os carteis dos lugares por onde ía pasar. Recibimos unha listaxe do goberno civil de Lugo coa ruta desde a que entraba o coche oficial en Galicia até Compostela. En todo caso o organismo argallouse con presas. Estaban Filgueira, Xosé Luís Pensado e varios filólogos. Publicamos dez cadernos por concellos e cando chegou a etapa autonómica impulsouse máis decididamente, porque no período de nacemento houbera paradas por falta de cartos. Impulsábase ocasionalmente, como cando o Instituto Xeográfico estaba preparando os mapas 1:25.000 e solicitaban á Xunta os novos topónimos oficiais, incluídos ríos e accidentes xeográficos. Con Xosé Luís Barreiro e Cotarelo en Presidencia foi cando se produciu o pulo definitivo e a revisión do nomenclátor.

A deturpación dos topónimos ten raíces históricas na castelanización?

Desde que coñecemos documentación en galego rexístrase a deturpación e a castelanización. Xa en documentos do século XVI aparece Santa Marta de Ortiguera e tamén documentamos o caprichoso das mudanzas. Hai documentos notariais onde a Boiro chamábanlle Buero e por Palmeira escribían Palmera, nomes que non chegaron despois a ningunha oficialidade no nomenclátor do franquismo.

Nos trinta anos de autonomía as polémicas por nomes de concello só foron as actuais Pobra (do Caramiñal, do Brollón, de Trives) e o da Coruña.

Practicamente foron os únicos, entre 37.297 resoltos. No caso das Probas o ditame estivo retido sen darlle oficialidade na Xunta, porque unha maioría absoluta dependía do que foi alcalde da Pobra do Caramiñal, o finado Segundo Durán Casais. En todo caso nós reunímonos cos tres alcaldes relacionados con esa denominación para explicarllo documentalmente. O da Coruña é un problema de autoodio, sen máis, e por suposto sen base científica. Que estea nas cartas de navegación non é relevante porque iso responde á castelanización.

A Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade, establece que o topónimo ten unha única denominación oficial que é a galega. Calquera intento de mudanza obriga a intervir na Lei?

O artigo forma parte do topónimo e é indiscutíbel que en galego é A Coruña. O topónimo é unha marca de identidade e a xente sente orgullo da forma galega do seu nome. Téñensenos dado casos de pequenas protestas por topónimos escritos con “b” ou con “v”, pero son simples anécdotas.

O nomenclátor (concellos, parroquias e lugares) está disponíbel na páxina web xunta.es/nomenclator/busca.jsp. Queda traballo pendente?

Nesa materia está rematado e accesíbel. Agora estamos traballando nun Proxecto de Toponimia de Galicia, na que procuramos recoller toda a toponimia, en colaboración co SITGA (Servizo de Información Territorial de Galicia), que ten a cartografía. Sobre a fotografía aérea nós imos documentando in situ cada nome de lugar. Se o nomenclátor de entidades de poboación son máis de 25.000 nomes nesta nova fase temos xa documentados 300.000 topónimos.

Unha vez aprobados pola Xunta pasaron a todos os organismos do estado?

Esa competencia de designación é da Xunta. O Instituto Nacional de Estadística ten que usar o nome estudado na Comisión de Toponimia e aprobado no Consello da Xunta. E o Instituto Xeográfico tamén o adopta, obrigatoriamente. De feito durante anos conviviu a denominación deturpada porque o troco do nome das provincias teno que facer o Congreso dos Deputados.

Galego no ensino


En 1979 vostede estivo no organismo que levou por primeira vez a materia de galego ao sistema escolar.

Xa daquela foi bastante penosa a introdución. O que agora se quere facer, por máis que teña lexitimidade dun programa electoral, sería un paso atrás considerábel. O galego está nunha situación moito máis dramática que a prevista por Alonso Montero en 1973. Os galego falantes iniciais caen en picado e tamén a transmisión do galego como lingua inicial, que é o momento central de adquisición da linguaxe. A escola podía ser un medio para reparar a perda, incluídas as galescolas, porque o sistema de inmersión lingüística foi, por exemplo, o que lle valeu a Israel para recuperar o hebreo, que a finais do XIX estaba case perdido. Non sei porque se lle ten medo á inmersión, porque tal como é a sociedade sempre saberán falar castelán.

Dicía que no caso to topónimo coruñés ten que ver co autoodio, a escola non acabou con eses prexuízos?

Lendo textos de Ramón Piñeiro sobre estas cuestións sociolóxicas, el era dos que pensaba que en canto se recuperase o prestixio do galego o uso estenderíase rapidamente. O prestixio cultural recuperouse e hoxe ninguén sente complexo de inferioridade por falar galego, pero pasar aos feitos é máis complicado. Se tomamos os inquéritos sobre actitudes nunha lingua como o occitano, todo o mundo o quere unha barbaridade pero ninguén o fala. Semella que poñer en práctica o amor á lingua falándoa é complicado e cando se alcanza determinado punto crítico, e se troca a cadea de transmisión, xa é moi difícil volver atrás. E se ben hai fenómenos de sempre (pais galego falantes que se dirixen aos nenos en castelán), tamén hai moita militancia e mesmo parellas que son castelán falantes pero deciden transmitirlle aos fillos o galego.

A que respondería o revival dos tópicos sobre o galego e a inversión da realidade sobre que lingua está en risco?

Hai unha mistura de antagonismos políticos e o desexo de enfrontar que a defensa do galego sexa bandeira do nacionalismo. Daquela vale todo e fálase de imposición do galego. Pero hai dirixentes do propio PP que defenden o galego e a proba é que aprobaron o Plano de Normalización na época de Fraga. Aquel plano consensuado poñía o listón do uso do galego bastante alto. Como o goberno bipartito quixo ir nesa dirección había que desfacelo.

E ao bipartito houbo quen o acusou de timorato en materia lingüística.

Esa crítica depende da parroquia, e aínda que os avances non se pode dicir que fosen relevantes o evidente é que xeraron no PP unha contrapolítica. O galego, tamén para os que agora gobernan, é considerado un patrimonio cultural e ninguén se vai atrever a unha política de supresión xeneralizada. Ramón Piñeiro, cando entrou na Academia, falou do complexo ideolóxico que sostiña que a multiplicidade de linguas é un atraso. En moitas ideoloxías progresistas esta idea era ben recibida, pero iso hoxe está superado. O que nos liga coas raíces do pasado, do teu pobo e da túa comunidade, é a lingua. Ir contra isto é suicida e penso que ningunha das ideoloxías presentes en Galicia o defendería. Pero isto non pode levar a admitir a lei da selva, de que o peixe grande come o cativo. Se non favorecemos a lingua en peor situación con medidas de discriminación positiva é imposíbel sustentala.

O bilingüismo dos galegos é unha vantaxe comparativa en canto nos conecta con máis xente vía Brasil e Portugal.

Non son reintegracionista pero recoñezo que estaríamos nunha ponte óptima para entendernos con eses dous mundos, tamén en termos económicos. Pero a supervivencia da lingua non pode medirse só en termos de tamaño. Hai linguas pequenas que os falantes manteñen cunha tenacidade e un orgullo dignos de admiración, como é o caso do romanche na Suíza.

O problema é de orgullo de país?

No caso do hebreo que citei era unha razón de patriotismo pero tamén de necesidade de entenderse cunha poboación que chegaba de moitos países con linguas diferentes. Temos o país que temos e a vontade non podemos inventala porque temos que rachar con inercias de xeracións. En Cataluña tiveron a vantaxe de que a burguesía foi catalanista desde a época do rexurdimento. Non son tampouco pesimista porque todo o que está vinculado ao espírito e a memoria histórica abala, e pode haber un novo rexurdimento e o galego volver florecer outros mil anos.

Na procura do paté de porco celta





Con todo, unha das iniciativas máis interesantes é a da firma “Porco Celta Fonsagrada”. Empregando esta raza autóctona galega en perigo de extinción, a empresa investigará como elaborar paté. Ademais tratará de estandarizar a elaboración de chanfaina, ou chourizo de cebola.

Destaca tamén a proposta de “Calfensa Proxectos”, que busca a obtención dun híbrido mellorado de millo a partir de variedades locais, para o seu uso como forraxe. O proxecto será de especial utilidade para os agricultores interesados en producir en ecolóxico, canto que as variedades locais están mellor adaptadas ás condicións propias de Galiza e son máis resistentes, explica a Xunta.

Obter un produto de calidade diferenciada tamén é o obxectivo da empresas “Augardentes de Galicia”, que desenvolverá un licor destilado de uva Albariña. A entidade beneficiaria tamén tentará, no mesmo estudo, elaborar augardente a partir de pexegos cultivados no val do Ulla. Pola súa banda, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras traballará na elaboración de viños tostados e doces a partir do uso de diferentes variedades desta denominación.

En canto á produción de horta, o Consello Reguladar da IXP Pataca de Galicia estudará o desenvolvemento de produtos derivados envasados ao baleiro, en atmosfera modificada e esterilizados, a partir de pataca galega de calidade. Por outra banda, a “Cooperativa Postoiro” desenvolverá un proxecto de selección de ecotipos de cebolas galegas, acompañado da procura de melloras na tecnoloxía do cultivo e das condicións de conservación dos bulbos tras a colleita.

Queixos sen lactosa

Ademais, varias das iniciativas de investigación aprobadas tentarán acomodarse ás novas tendencias do mercado coa obtención de produtos funcionais. Tal é o caso do proxecto de “Innaves S.A.” para a consecución de produtos lácteos antihipertensivos ou o estudo, que propón outro dos proxectos beneficiados, para o desenvolvemento dunha tecnoloxía para a elaboración de queixos con baixo contido en lactosa ou mesmo sen lactosa, e que poidan ser consumidos por persoas con intolerancia a esta substancia.

Alimentarán as vacas con aceites mariños

Ademais, a cooperativa láctea “Feiraco” pretende reforzar a súa aposta pola obtención dun leite enriquecido de forma natural en Omega 3 a partir dunha alimentación diferenciada das vacas. Neste caso, experimentan diversas estratexias para a incorporación á ración do gando de sementes de liño e aceites mariños. Outro proxecto da mesma cooperativa estudará a viabilidade da implantación en Galiza do cultivo de variedades de liño oleaxinoso ricas en Omega-3.

Diversos proxectos incidirán, así mesmo, en aplicar a innovación a produtos cárnicos obtidos a partir de razas de gando autóctono galego. Así acontece co estudo de BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) que analizará a calidade da canal e da carne dos cordeiros de ovella galega, caracterizados por ser de pequeno tamaño e contar cunha carne moi nutritiva e moi valorada no mercado.

Pola súa banda, “Torre de Núñez de Conturiz” estudará a estandarización do proceso de elaboración do "Xamón de Galiza" co obxecto de colaborar na obtención dun selo de calidade para este produto.

Pastoreo ecolóxico

Outra das iniciativas apoiadas fará seguimento das prácticas de pastoreo de varias explotacións ecolóxicas co fin de obter ferramentas de xestión para conseguir un pastoreo máis rendible. Por outra banda, conseguir mellores garantías alimentarias e, de paso, un maior respecto polo medio é o fin do proxecto presentado pola unión de cooperativas AGACA, que pretende o desenvolvemento de alimentos de orixe animal baseado nun control máis racional no emprego das medicinas de uso veterinario e da súa presenza no ambiente.

Xa no ámbito da silvicultura, a empresa Boibel Forestal tentará avanzar cara á unha nova maneira de cultivar o castiñeiro, que procurará un aproveitamento máis intensivo, rendíbel e diversificado desta árbore autóctona. O obxectivo é reducir as quendas de corta, que se adoitan situar nos corenta ou cincuenta anos, aos 8 ou 10 anos, e estudar os posíbeis aproveitamentos desta forma de cultivo para obtención de madeira, biomasa e castaña.