viernes, 5 de febrero de 2010

O CASTIÑEIRO













¿Cándo e ónde naceu o primeiro castiñeiro? ¿Cómo se chamaba o home que o prantou? ¿De ónde sacou a castaña? ¿Qué foi primeiro a castaña ou o castiñeiro?
Estas preguntas son absurdas, pero poden servir para despertar a nosa curiosidade.
Hai quen pensa que o castiñeiro é unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que o castiñeiro foi "inventado" en Galicia fai varios centos de anos. .... E hai quen mira para un castiñeiro ... e non pensa nada.
Para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro, vouvos a contar aquí algunhas cousas curiosas desta árbore.







I.- O castiñeiro no mundo


- O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (fai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban millor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos.

- Hai castiñeiros en Galicia. Hai castiñeiros en gran parte de Europa. E hai castiñeiros nas zonas templadas do Hemisferio Norte, nos continentes de Europa, Asia e América.

- Nun principio o castiñeiro vivía en áreas mais septentrionales das que hoxe habita, pero cando chegaron as glaciaciacións enfriou o clima e o castiñeiro retrocedeu, e en Europa refuxiouse na zona mediterránea. Máis tarde, cando o clima volveu a cacer un pouco, o castiñeiro volveu a extenderse pouco a pouco por outras zonas, pero moi lentamente debido a que a castaña pesa moito e non pode ser transportada polo vento, senon que para viaxar dun lugar a outro ten que ser levada por homes ou animais.

- No mundo enteiro, os países que máis castañas producen son: A China, Corea, Tuquía, Xapón, Italia, Francia, .... A China é o país do mundo que mais castañas produce. Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos.

- O castiñeiro foi considerado en Norteamérica como a "árbore nacional" ou como "arbore de tódolos americanos". Pero en 1904 uns árbores procedentes de Asia levaron a América a enfermedade do "cancro" do castiñeiro, a cal ocasionou en poucas décadas a morte de máis de 40 millóns de castiñeiros, producindo a maior catástrofe forestal e ecolóxica que se recorda, e provocando a desaparición case que total do castiñeiro de Norteamérica. Eso deu lugar a que o castiñeiro fose sustituido polo "roble" como árbore emblemática de Norteamérica.

II.- O castiñeiro en Galicia

- Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.


- Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. Nos traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros galegos non se atoparon sinais de que os seus moradores comesen castañas.



- Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña, e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.



- Pode ser que en Galcia houbese castiñeiros espontáneos e non cultivados dende moi antiguo, pero que as variedades que dan boas castañas fosen introducidas polos romanos.



- En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuiron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían consquistando.



- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, convertíndose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise extendendo o cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: A castaña empezou a quedar en un lugar secundario, pasando a ter mais importancia na alimentación humana as patatas e os cereais. Esta sustitución da castaña pola patata explica que en algúns sitios ás patatas se lles camase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patatas se lle chame "castanal".



- A medida que se extendían os cultivos das patatas e dos cereais, o castiñeiro iba retrocedendo, refuxiándose no interior de Galicia. E no final do século XIX e no século XX este retroceso acentuouse como consecuencia da aparición da enfermedade da tinta.



- A enfermedade da tinta ocasionou a morte de moitos castiñeiros en Europa; en Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920, pero hoxendía a súa presencia é moito menor, tanto debido a que o axente que produce a enfermedade xa non é tan virulento como a que se desarrollou a prantación de castiñeiros resistentes á tinta.



- Hoxendía a rexión de España na que hai mais castiñeiros é Asturias. Pero tamén hai moitos en Galicia, Cantabria, Navarra e Cataluña. No Pais Vasco había moitos pero nos derradeiros setenta anos case que desapareceron. No resto de España hai poucos.



- En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Caurel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...).




- En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados, deboucados ou desmouchados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente, ... Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé.




III.- A lonxevidade do castiñeiro. Castiñeiros famosos.



- De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva mais vella de Europa. E cóntase que, estando por alí de visita Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e a dita señora e todo o seu séquito formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos refuxiaronse debaixo da copa deste castiñeiro, que por eso se conoce como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS.




- En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, moi próximo a aldea de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, no concello de Manzaneda (Ourense). Para chegar a él vaise pola carretera que vai de Pobra de Tives a Manzaneda (pola Encomenda), tendo que percorrer ó final un pequeno treito a pe por bo camiño. Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno. É un castiñeiro sin terra (a propiedade do terreno onde está pertenece a unha persoa e a propiedade da árbore a outra, tendo ésta última un dereito de aproveitamento integral de todo o que dá o castiñeiro: castañas e madeira). Nos anos 90 do século XX a propiedade do Castiñeiro de Pomariños foi cedida á Xunta de Galicia.



- Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, que están na parroquia de Catasós, a tres km. de Lalín, na marxen esquerda da carretera N-551 que vai de Santiago a Ourense, dentro dun fermoso bosque formado por carballo e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela ten arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros.



- E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras, que se pode ver na seguinte foto. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que ainda da moitas e boas castañas.



IV.- Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña.



- O castiñeiro ten hoxe un doble valor: - ecolóxico e económico.




Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia. ¿Canto vale unha paisaxe?.





Valor económico: a madeira e as castañas.




A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa, para pontós e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas e arcaces, .... Sempre foi unha madeira moi valorada pola súa longa duración, e por eso "os vellos" decían: "o castiñeiro é eterno". E a sua lonxevidade en bó estado refléxase no feito de que pode durar centos de anos sin podrecer e tamén no feito de que non a entra a polilla. É frecuente toparse con un mueble feito en parte de castiñeiro e en parte de outras madeiras e observar como as táboas que son de vidueiro ou pino están totalmente apolilladas e as que son de castiñeiro están intactas e non teñen nin un soio burato de polilla.
A madeira de castiñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos, ... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro.

.A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ó modo tradiccional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ...... A industria da castaña está tamén desenrolando formas novas de recollida da castaña (por medios mecanizados) e de conservación e manipulación da castaña (tratamento por inmersión en auga, desecación, fumigación, pelado por medios automatizados, conxelación das castañas peladas, ....).


- Para que a castaña se conserve e non se pudra débense seguir as seguintes pautas: 1) Unha vez que cae da árbore débese recoller o máis pronto posible. Non debería pasar no chau máis de 48 horas. 2) Débese ter o menor tempo posible encerrada en sacos, e non se debe ter amontonada en montóns grandes. 3) Débese poñer o mais pronto posible a unha temperatura de 0º Centígrados, pois a 2ºC xa empeza a xerminar. 4) Débese ter en sitios refrixerados.



- Italia é o país europeo que máis castañas produce. Francia, ademáis de ser un importante productor, é o país europeo que máis castañas importa. En Europa hai máis de trescentas variedades ou clases de castañas.



- A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico; é un alimento básico para os pobos máis pobres, por eso en Francia se lle chamaba ás castañas "o pan dos pobres". Nos tempos en que non había patatas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia. (Lembremos que a patata procede de América e foi introducida en Europa por primeira vez -en Sevilla- no ano 1.557).

- Na China, na literatura de fai 6.000 anos hai constantes referencia á castaña, como alimento popular, e ainda hoxe se poden topar centos de recetas para preparar as castañas.



- O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculin




V.- O futuro do castiñeiro.


- En Europa, o abandono do cultivo agrícola en moitas terras pode dar lugar a que nelas se pranten castiñeiros. O castiñeiro podería ter moito futuro.


- Moitos din que o castiñeiro é unha árbore de crecemento lento, pero non é certo. É de crecemento rápido, e con trinta anos pode chegar a ter medrio metro de diámetro. E si se quere aproveitar para madeira a millor idade para cortalo é cando ten entre 70 e 90 anos, pois a partir dos 90 medra máis lentamente e ademáis pode que se estropee por dentro e non sirva a madeira.

- A tendencia ó esgotamento das madeiras nobres procedentes dos paises tropicais pode dar lugar a que cada vez teña máis importancia a madeira do castiñeiro.

- Hoxendía prantar un souto de castiñeiros pode que non sexa unha actuación puramente romántica dun ecoloxista soñador e visionario; poñer un souto hoxe é tamén unha boa inversión dende o punto de vista económico.
- O castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta e, seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".as da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.




REFRANEIRO DAS CASTAÑAS




  • A castaña e o besugo, en febreiro están en zugo.
  • A castaña e o besugo, no febreiro non ten zugo.
  • A castaña no agosto quer beber e no setembro comer.
  • A castaña no agosto quere arder, e no setembro beber.
  • A castaña no agosto quere beber e no setembro comer.
  • A castaña no nadal, sabe ben e parte mal.
  • A castaña que está no camiño é do veciño.
  • A castaña quere en agosto arder e en setembro beber.
  • Ano de moitos ourizos desfai os canizos.
  • As castañas do castiñeiro hai que asalas no asadeiro.
  • As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
  • As castañas están caendo e estanse facendo.
  • Candea aberta, seitura certa
  • Cando vire-la candea no castiñeiro, leva a ovella ó carneiro.
  • Castañas no Nadal, saben ben e pártense mal.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
  • En agosto, as castañas arder e en setembro beber.
  • En ano de ourizo non fagas canizo.
  • En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
  • Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairánche á cara.
  • Furtando unha castaña e outra castaña, faise mala maña.
  • Habendo neboeira o día de San Pedro Fiel, castañas furadas e nabos ruís.
  • Néboa no san Pedro Cid, castañas furadas e nabos ruíns.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • Non quero pereira, quero castiñeiros para ter castañas o ano enteiro.
  • O castiñeiro, na man no burato, e o carballo no carro.
  • O que non sabe a maña, non come castaña.
  • O que non sabe de mañas, non come castañas.
  • O que non ten mañas, non come castañas.
  • Para o ruín porco sempre hai unha boa castaña.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Por Pascuas de Resurrección tres cousas teñen sazón: sardiñas salgadas, castañas asadas e predicación.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.
  • Por san Quintín castañas ó rolín.
  • ¿Quen vos trouxo os meus odres? Castañas asadas e sardiñas podres.
  • Se chove o día de San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruís.
  • Se chove o día de San Pedro Fiz, castañas malas e bolecos ruís.
  • Se hai neboeiro día de San Pedro Fiz, castañas furadas e nabos ruíns.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo e se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
  • Sempre o porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Sempre un porco ruín ha topar cunha boa castaña.
  • Tan honrado é o caldo coma as castañas.
  • Temperá é a castaña que por setembro regaña.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario