jueves, 28 de octubre de 2010

Estudantes fonsagradinos gañan un premio da eurorrexión


Os estudantes viaxarán a Portugal para recoller o premio por un traballo sobre o birimbao, que toca unha alumna

Os 30 alumnos que o ano pasado cursaron primeiro e terceiro de ESO no Instituto da Fonsagrada foron os gañadores do primeiro premio do cuarto Certame de Recollida dá Tradición Oral Galego-Portuguesa, no que participaron centros de Galicia e do norte de Portugal. Os lucenses presentaran un vídeo sobre tradicións da zona.
O fallo foi dado a coñecer pola entidade promotora, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponche... Nas Ondas. Tamén fora a promotora da presentación á Unesco da candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
O vídeo premiado consta de dous partes. Na primeira os estudantes mostran a técnica artesanal de fabricación dun birimbao ou trompa de boca, traballo que realiza un ferreiro da zona, á vez que inclúe a interpretación dunha peza con ese instrumento. A segunda parte está dedicada á expresión literaria popular, con imaxes dun grupo de mozos nunha lareira escoitando contos e lendas populares relatados por dúas persoas de distintas xeracións, unha anciá e un adolescente, pero ambos cunha gran capacidade e dominio da arte de contar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario