martes, 5 de octubre de 2010

O PP fonsagradino critica que non haxa presuposto

O PP da Fonsagrada critica que o goberno local aínda non aprobe o orzamento municipal para este ano. O portavoz popular, Tobías Martínez Cotarelo, cre que este feito constata que a renovación no seo do equipo de goberno «non levou ningunha mellora nin impregnou un maior grao de eficacia» na xestión municipal.
Para o dirixente popular, que aínda non se presentase o borrador do orzamento denota tamén «a falta de iniciativa e de rigor» do Concello.
«Ésta é un xeito moi fácil de gobernar, non hai proxectos nin planificación de futuro», asegura Tobías Martínez, quen vaticina que esa desgana «» prexudicará «de xeito notable» aos fonsagradinos, xa que, ao seu xuízo, sen orzamento «é imposible prever unha ampliación de servizos ou unha mellora substancial dos xa existentes».
Segundo Martínez, unha proba de que «todo vai con atraso» é o plan de servizos concertados, un programa que ve «vital» para A Fonsagrada e que, segundo denuncia, foi presentado ante a Xunta de Galicia cun atraso de catro meses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario