domingo, 31 de octubre de 2010

Expertos din que a xestión sostible do monte podería duplicar a produtividade


O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá acolleu onte unhas xornadas sobre o mercado madeireiro. Os participantes concluíron que cunha xestión sostible poderíase duplicar a produtividade dos montes.
O coordinador das xornadas, Santos Arenas, explicou que o sector madeireiro supón o 5% do PIB galego, pero podería alcanzar o 10% se as tallas se organizan en función do crecemento da madeira. Indicou que na actualidade córtanse seis millóns de metros cúbicos ao ano, aínda que hai capacidade para cortar doce.
Os expertos do sector reclaman tamén a creación dun rexistro de tasadores de madeira. Na actualidade, os particulares venden «a ollo», segundo Arenas, sen un control exacto da produción. Galicia é a novena potencia mundial en produción de madeira e, ante este volume de negocio, «non se poden calcular as transaccións a vulto», indica Arenas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario