O primeiro semestre do ano 2010 pechouse cun descenso dun 2,8% no volume de exportacións da provincia, segundo o departamento de Comercio Exterior da Cámara de Comercio. Con todo este organismo fai unha valoración positiva da balanza de comercio exterior lucense, posto que se reduciu dunha forma importante o seu déficit comercial. A razón hai que buscala en que as importacións tamén sufriron unha acusada caída dun 42,3%. No que vai de 2010 exportouse por valor de 192.425,57 euros e importouse por un total de 236.958,38 euros.
O departamento de Comercio Exterior da Cámara de Lugo sostén que é lóxica esta caída na venda ao estranxeiro ao reducirse as exportacións de produtos que teñen un gran peso no cómputo total, como os de Alcoa, cuxas exportacións diminuíron en torno ao 50%.
A Cámara de Comercio conclúe que se se exclúen esas partidas, obsérvase que «as exportacións desde a provincia de Lugo creceron un 40%, o cal é bastante prometedor». Así, interpreta que «a combinación dos esforzos individuais de moitas empresas poden ir cambiando aos poucos o noso papel no sector exportador global».
Segundo as estatísticas que manexa o departamento de Comercio Exterior, segue habendo unha gran concentración das exportacións lucenses por países, e un 79,63% teñen como destino países da Unión Europea.
Con todo, neste período as expedicións a países da UE descenderon, mentres que aumentaron noutros países de Europa, África, Asia e Oceanía. A Cámara sinala que se debe «á atonía da demanda en moitos dos nosos socios» e a que «os nosos empresarios son cada vez máis audaces».
GALICIA
En relación aos datos correspondentes ao resto das provincias, Lugo é a única na que descenden as exportacións. Na comunidade autónoma, estas subiron un 18% . Por provincias, tradúcese nun incremento do 23,24% en Pontevedra; un 14,07%, na Coruña e un 0,02%, en Ourense.
Igualmente, as importacións só caeron en Lugo: un 42,39%. Así, en Pontevedra incrementáronse un 15,25%; na Coruña, un 11,71%, e en Ourense, un 9,43%. O cómputo total autonómico é dun aumento do 9,43%.
A enxeñería eólica é o que máis se vende ao exterior
En canto ao ranking de produtos exportados pola provincia, os xeradores eléctricos encabezan a lista, seguidos de óxido e hidróxido de aluminio -a pesar de que sufriu un descenso do 54,13%-; taboleiros de madeira; leite; caolín; carbonato de magnesio; tubos de aceiro inoxidable; peixe conxelado -que descendeu un 15%-; carne de bovino -da que se exportou un 9% menos-; aluminio en bruto -que baixou un 53%-; tubos de plástico, pasta de madeira, castañas conxeladas, viño e carne de ave.
Incrementos
Os produtos que experimentaron un maior incremento en venda ao exterior foron o caolín -418%-, o viño -261%- e o leite -un 131%-. O resto de produtos tamén melloraron as exportacións, pero nunha contía por baixo do 100%.

No hay comentarios:
Publicar un comentario