jueves, 26 de agosto de 2010

UN FONSAGRADINO NO CUMIO:ANTONIO MON PRESIDENTE DA ASOCIACION PROVINCIAL LUCENSE DE APICULTORES

Antonio Mon, naceu na casa de Ton de Vilagudel (Veiga de Logares), é un dos fonsagradinos no cumio. E apicultor e transportista.
Entrevista publicada no Progreso de Lugo
Antonio Mon é, ademais de recolector "dos que aínda exercen", o presidente da Asociación Provincial Lucense de Apicultores (Apla), que reúne a uns 300 profesionais e afeccionados e que colabora coa Unidade de Alerxia do Xeral-Calde.
Explica que é un traballo que supón "sacrificio e pouca rendibilidade", co que "a xente nova non se quere meter a isto".
Nin as axudas da Administración nin as chamadas dos científicos que alertan sobre a necesidade do mantemento das colonias de abellas reverten a tendencia á baixa nos apicultores en activo. "O traballo non é fácil e as condicións tampouco é que cambiasen moito. Por encima, a mortaldade das abellas nos últimos anos chegou en ocasións ao 40% do total das colmeas", di.
As contas de beneficio tampouco son tan zumentas como o propio produto, o que pode explicar en parte o estancamento. O presidente de Apla ten os números na cabeza: "Se a media por colmea é de 20 quilos e o quilo véndelo a 6,5 euros como nas últimas feiras, xa se pode saber canto se saca en bruto. Pero a iso hai que quitarlle máis da metade para gastos, produtos de tratamento ou desprazamentos", explica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario