No 2003 había un único criador de purasangres ingleses na comunidade, pero hoxe son case corenta. Os gandeiros obteñen unha media de 11.000 euros por exemplar
O purasangre inglés é o fórmula 1 dos cabalos. O que queira facer fortuna nos hipódromos, sexa italiano, coreano ou australiano, necesita un exemplar desta raza, polo que se chegan a pagar fortunas en Inglaterra, Irlanda ou Francia, os principais mercados.
A súa crianza ten un crecemento exponencial en Galicia desde que os gandeiros viron no purasangre unha alternativa a outras razas equinas ou á vaca. No ano 2003 había un criador na comunidade. Hoxe son uns corenta. «Unha vintena en Ourense, unha ducia en Pontevedra, media ducia na Coruña e un en Lugo», detalla Gumersindo González, director xerente do Centro Ecuestre da Deputación de Ourense, cuxas axudas á crianza explican o especial desenvolvemento da modalidade nesa provincia.
Segundo os seus datos, en Galicia están a criarse hoxe «uns setenta poldros, que representan en torno ao 40% dos nados e criados en España, uns 170». O traballo está a facerse ben e os resultados chegan en forma de vitorias. Feitizo, unha das grandes esperanzas galegas, xa gañou no hipódromo da Zarzuela con só dous anos. Onte foi un dos poldros españois que competiron cos mellores de Europa no Critérium Internacional do hipódromo de Lasarte, onde foi cuarto.
O seu propietario é o iraniano Reza Pazooki, considerado o mellor de España e que se embolsou este ano o maior premio do país: os 50.000 euros da Mijas Cup. «A Feitizo fun a buscalo antes de que o poxasen e estou moi contento. Teño uns dez purasangres galegos porque son moi bos. Ecojar, Estela , Polaco... Alí fanse moi ben as cousas ?prosegue? e xa nin mo penso. Por exemplo, o propietario Jorge Vázquez ten unha egua, Lake Constance, da que compro todos os seus fillos».
Gonzalo Peláez rexenta o potrero Haras Peláez-Malvar en Sandiás. Foi el quen vendeu Feitizo a Reza Pazooki. Hoxe acolle a 21 nais reprodutoras das que este ano naceron 11 poldros. Oito eguas son súas, as outras 13, de propietarios vascos e madrileños que pagan un diñeiro para que críen en Galicia, porque o clima e os pastos son ideais. «Para min ?afirma con rotundidade? é un negocio rendible. Os poldros póxanse a unha media de 11.000 euros. Dos 63 polos que se vai a puxar no

No hay comentarios:
Publicar un comentario