O monte ocupa en Galicia 2/3 partes de séu territorio e por esa razón foi de sempre lugar importante para obter recursos enerxéticos, pastos para producir carne, leñas para aquecer as casas, madeira de construción, fertilizantes en forma de esterco ou recursos alimenticios como a caza, os cogumelos e os froitos que de xeito máis ou menos ventureiros danse nestas áreas. Arestora o monte en Galicia volta a ter unha importante función social con estes e outros fins que teñen unha forte incidencia nas nosas vidas.
Na sociedade actual o monte cumpre con máis funcións que as somentes productoras de recursos básicos para unha sociedade agraria e estes son os relacionados co medio natural. Podemos considerarta que o monte cumpre con dúas funcións importantes: a protetora e a produtora
Funcións protetoras.- A función protetora das áreas de monte permete acadar unha grande diversidade de ecosistemas terrestres nos que se manteñen importantes grupos de seres vivos que conforman a súa biodiversidade. O mesmo tempo estas áreas arboradas ou mesmo de mato cumpren coas funcións de defensa do medio contra da erosión, criando solo fertil, retendo e purificando as augas e secuestrando o exceso de carbono producido pola actividade industrial e urbana. Manter estes ecosistemas require da proteción do home en labores de prevención de lumes e de defensa contra das especies invasoras.

Por estas razóns a sociedade galega depende en boa medida do monte que produce bens intanxibels (dificilmente medibles) que reportan importantes beneficios a nosa calidade de vida xa que éste nos aporta unha mellor calidade do ar, disfrutamos de cantidade e calidade da auga, elimina en boa medida o anhidro carbónico producido polas industrias, aporta espazos de lecer nos que disfrutamos da paisaxe e mantén unha biodiversidade importante grazas os longos ciclos produtivos.
Funcións produtoras- O monte galego é unha importante fonte de riqueza con bens tanxibels (que se poden medir).
Galicia produce o 52 % da madeira de toda España; nestes montes mantemos gando que produce carne de calidade; o mel é resultado do traballo das abellas na flor de castiñeiros, carballos, eucaliptos e uzes, silvas e outras especies de mato. Os cogumelos poden aportar moi importantes recursos económicos e de lecer. Froitos como a castaña, as noces ou pequenos froitos aportan usos e recursos importantes que forman parte da nosa cultura. Neste intre nos que o mundo loita por mellorar seus recursos enerxéticos o monte galego aporta biomasa que se renova e que pode transformarse en enerxía calorífica sustituindo o petroleo que importamos e se esgota; o mesmo tempo nos montes estanse instalando milleiros de muiños de vento que producen electricidade sen impactar no medio máis que de forma física e visual.

O monte galego precisa unha mellora substancial da súa estrutura e potencialidades produtivas, desenvolvendo todos os beneficios tanto económicos coma ecolóxicos e sociais. É importante acadar un axeitado nivel de formación no sector forestal, especialmente en canto á sustentabilidade da xestión e a posibilidade de aproveitar o monte desde un punto de vista multifuncional, estudando as potencialidades e os distintos produtos e beneficios que se obterán.
A Política de Desenvolvemento Rural cofinanciada con fondos comunitarios desenvolverase no período 2007-2013 a través do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, no que se establecen as principais chaves estratéxicas para avanzar na consecución dun obxectivo básico: a viabilidade social e económica das áreas rurais.
Publicado en A ESTRADA DIXITAL
Para mais información sobre o monte galego clickea
mapa.es/ministerio/pags/biblioteca/revistas/pdf_reas/r158_08.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario