miércoles, 18 de agosto de 2010

Usos dalgunhas árbores

SABUGUEIRO
Sabugueiro, bieiteiro, baiteiro, sabugo, sauco, sabugiño, etc.
Nome científico: Sambucus nigra L.
Nome castelán: Saúco.


SALGUEIRO
salgueira, salgueiro negro, salgueiro zao, zao
Nome científico:Salix atrocinérea L.
Nome castelán:Sauce ceniciento, sarga negra, salguero negro, sauce, bardaguera.


FREIXO
Nome científico: Fraxinus excelsius
Nome castelán: Fresno común


CARBALLO
Alvariño, carballo branco, carballo verino, carvallo, rebolo alvar
Nome científico: Querqus robus L
Nome castelán: Roble albar


CASTIÑEIRO
castañeiro, castaño, castiro
Nome científico: Castanea sativa miler
Nome castelán: Castaño


BIDUEIRO
bido, biduo, bedolo.
Nome científico: Betula alba
Nome castelán: Abedul blanco
AMIEIRO
Amieiro, ameneiro, abeneiro, amieira, amineiro, amineira, arche, aveneiro, avineiro, pau do demo, samoeiro, umeiro, etc.
Nome científico: Alnus glutinosa (L) Gartner
Nome castelán:Aliso, alno, vinagrera.

Aquí tes algunhas das árbores galegas e os seus usos. Pero aínda quedan moitas máis árbores para que coñezas, busca nos libros, pregunta ós teus avós, ós teus pais. As árbores producen osíxeno que necesitamos para respirar, suxeitan a terra e serven de refuxio a moitos animais. Por iso debemos coidalas e plantar polo menos unha árbore cada ano.
AMIEIRO A madeira desta árbore que medra sempre preto dos ríos, resisten moi ben a humidade, polo que se empregou para o piso e algunhas partes dos muíños e para facer pontes. A cortiza usábase para aliviar as enfermidades da boca e da gorxa. Ademais as súas follas servían para curar os pes doloridos e o reumaAta 25 metros. Edade media 80 anos. Máxima 120 anos. Altitude entre 0 e 1.200 metros.
BIDUEIRO Esta árbore tamén necesita de solos húmidos. A súa cortiza empregábase para a elaboración de pergamiños, antorchas e para a cubrición de tellados. Pero o uso máis coñecido desta árbore é a que se lle da a súa madeira: serve para facer zocos. Ata 20 metros teñen algúns bidueiros ou bidos. Son inconfundibles.
CARBALLO É unha das árbores galegas máis coñecidas. A cortiza desta árbore usábana para curtir as peles. Os seus froitos servían de alimento ó gando.
A súa altura é moi variable dependendo moito do lugar, hai exemplares baixos como o da fotografía anterior e moi altos como o da fotografía seguinte. Pode pasar de 40 metros. Pode vivir por riba dos 500 anos, podendo chegar ata os 1000 anos.
CASTIÑEIRO A súa madeira é moi boa para a fabricación de mobles, os seus froitos ...para facer un bo magosto.
Os castiñeiros poden chegar ata os 30 metros e 12 metros de ancho. De tódolos xeitos as podas fan que non mida tanto, xa que logo é máis dificil coller o seu froito. O Castiñeiro de Pumbariños no Souto de Rozabales Manzaneda (Ourense); dicen que é o de maior perímetro de Galicia con máis de 12 metros. Supera os 500 anos e foi declarado Monumento natural no ano 1995
O Castiñeiro da igrexa de Hospital no Incio. Ten sobre 500 anos e mide 6 metros de perímetro e 16 metros de altura.
FREIXO A madeira desta árbore é de boa calidade e se empregaba para facer carros e aparellos de labranza. As cinzas dos freixos xóvenes úsanse para limpar os dentes.
Ata 40 metros. O normal está entre 20-25 metros.
Realmente o nome de excelsior é bastante apropiado.
A idade media é sobre 100 anos inda que pode vivir 200 anos.
Ten un crecemento bastante rápido.
SABUGUEIRO As flores deste arbusto, en infusión, serven para curar os catarros. As súas polas espichadas ó redor dunha horta impiden que entren as toupas. Ademais cos seus froitos poderemos facer unha marmelada moi saborosa. E coas súas polas, que son ocas, podemos facer frautiñas.
Trátase dun pequeno arbusto que pode chegar ata 10 metros. Xeralmente entre 2 a 5 metros.
SALGUEIRO Tamén medra preto dos ríos e zonas húmidas. A súa cortiza contén a salicina, unha substancia da que se pode preparar o ácido acetil salicílico: aspirina. Ata 10 metros.
O lóxico é que non pasen de 2 ou 3 metros, co que teñen aspecto de arbustos, pero poden ter ata 10 metros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario