O mercado de turismos en Galicia caeu un 45,8% na primeira quincena deste mes agosto, a quinta comunidade onde máis baixou, fronte ao descenso do 29,6% rexistrado na media de España, segundo datos facilitados este luns pola asociación nacional de vendedores (Ganvam). Os datos do Instituto de Estudos de Automoción (IEA) relacionan esta situación co fin do Plan 2000E e a subida do Iva.Por canles, as compras de particulares pecharon a primeira quincena cun retroceso do 43,7%, ata as 12.864 unidades, lonxe das cifras de crecemento de meses anteriores. Así, na primeira quincena o mercado estivo sostido polas vendas de empresas e alquiladoras, de forma que a canle de empresas rexistrou un aumento do 11,9%, ata situarse nas 6.308 unidades, mentres que as matriculacións de empresas de 'rent a car' creceron un 108,3%, con 1.275 unidades.
Cifras ''alarmantes'' para os vendedores
Ganvam cualificou estas cifras de ''alarmantes'', xa que constatan a tendencia baixista do mercado e auguran unha ''dura resaca'' para outono como resultado do incremento ''artificial'' das vendas na primeira metade do ano grazas ao plan de axudas e ao anticipo das compras pola subida do Iva. Para os vendedores, é preocupante que na primeira quincena deixáronse de vender case un de cada tres coches en comparación coa primeira metade de agosto do ano pasado.A patronal teme que o fin do plan de axudas volva sumir ao sector da distribución de automóbiles, integrado nun 80% por pequenas e medianas empresas sen músculo financeiro actualmente, nunha ''situación insostible'', cunha caída das vendas de 100.000 unidades no segundo semestre e a perda de ata 10.000 postos de traballo nesta segunda metade de ano.
Por autonomías
Por Comunidades Autónomas, só Madrid, Canarias e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla salvan os seus mercados. En Canarias as matriculacións subiron un 13,7% e na Comunidade de Madrid un 3,9%, en tanto nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla incrementaron un 2,9% nos primeiros quince días do mes.No resto de comunidades autónomas, as matriculacións deron síntomas de debilidade, destacando a baixada experimentada por Navarra (63,3%), Comunidade pioneira no seu día na posta en marcha dun programa autonómico de axudas e no crecemento das súas vendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario