En Lugo hai 2.105 persoas máis en situación de desemprego que en xullo do pasado ano, a pesar de que o paro baixou de forma consecutiva nos últimos catro meses. Actualmente, nesta provincia hai 19.191 parados inscritos nas listas dos servizos públicos de emprego.Aínda que o número de inscritos nas listas do paro baixou en 1.064 persoas en xullo, con respecto ao mes anterior, o que supón en termos porcentuais unha redución do 5,25%, o secretario xeral de Comisións Obreiras (CC.OO) en Lugo, Xesús Castro, opina que esas cifras son enganosas e atribúeas á estacionalidade do emprego no sector servizos.De feito, recordou que, a pesar de que foron formalizados 8.097 novos contratos, "7.340 son de carácter temporal". Por iso, Castro opina que "en setembro podemos atoparnos cunha sorpresa desagradable". Para reforzar os seus argumentos, engadiu que o paro baixou un 13,72% na Mariña Oriental -na costa de Lugo-, como consecuencia da contratación no sector servizos, pero en Lugo capital esa redución quedou no 4,25%.En todo caso, o responsable sindical sinalou como un dato a ter en conta que o "paro feminino e masculino tende a igualarse".
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario