lunes, 22 de noviembre de 2010

Da personalidade política da parroquia galega


Onacionalismo unionista, isto é, o maioritario, tense a el mesmo como herdeiro privilexiado, vinculeiro e patrucio, de Bóveda, de Castelao e do conxunto da memoria do Partido Galeguista. Eles, sen dúbida, son herdeiros lexítimos, pro non exclusivos. Non aceptan que tal herdo poida ser compartillado digamos que polo outro nacionalismo, o independentista, e tamén non aceptan que unha porción de leiras programáticas do nacionalismo histórico estean xa socializadas e que constitúan territorios de natureza comunal e, felizmente, propiedade nacional colectivizada.
Presántase, pois, o unionismo como o herdeiro único de Castelao e do vello nacionalismo. Pro, en realidade, o partido nacionalista unionista rexeita ou non asume os seus dereitos indiscutibeis sobre algunhas leiras do legado. Por exemplo: a idea, patrimonial nacionalista, da posta en vigor da freguesía ou parroquia administrativa é desbotado polos nacionalistas maioritarios actuais.
Vivo en Vigo, concello galego de grande extensión territorial e moi disperso en canto ao poboamento. Aquí Bouzas (caso especial de vila que mantén a súa persoalidade), Teis, Lavadores, Cabral, mesmo a pequena Zamáns que persiste na sua vocación agrograndeira, e mais un vasto etcétera, considérnase a elas mesmas como parroquias e actúan como tales mediante entidades supletorias como son as asociacións veciñais, os patronatos de cemiterio privado, as xuntas de montes e de augas, as culturais e esportivas.
Unha única freguesía ou parroquia de Vigo, Bembibre, goza actualmente de personalidade xurídico administrativa de seu e elixe o seo alcalde de bairro ou Vigairo. Isto, ocorre, non por intervención dos herdeiros de Castelao, senón porque no franquismo xa existía a entidade local menor, status procede de situacións anteriores á guerra de España nas que o agrarismo e o nacionalismo tiveron influencia política e ideolóxica.
Alí onde gobernou o nacionalismo maioritario ou unionista non só executar o principio da parroquia administrativa promulgado pola Asemblea de Monforte de 1918, senón que semella como se lle producise usipra aos seus alcaldes e concelleiros a soa mención de tal posibilidade. Naturalmente, os partidos sucursalistas nin sequera pensan no asunto.
Sen embargo, a lei galega (e a española) de réxime local prevé a libre constitución de entidades administrativas de rango inferior ao municipio. Pro con todo, a lei portuguesa de autarquías é a que presenta o modelo máis axeitado á nosa realidade, como soía decerse outrora.
Ao socio nacionalista da Xunta de Galicia aínda non se lle ocorreu propór unha lei autonómica deste teor que nos homologaría efectivamente con Portugal na liña estratéxica da euro-rexión na que tampouco ninguén acredita. En todo caso, aquí e agora, coa lei vixente na man os concellos poden crear se queren Xuntas de Freguesía e o pobo pode elixir por sufraxio universal o seu Vigairo, cousa que Castelao considera obxectivo irrenunciábel do nacionalismo en Sempre en Galiza.
Que eu saiba, nesta campaña electoral, só tratan en serio deste tema as candidaturas de Mariano Abalo (Cangas de Esquerda) e de Moncho Lareu (FPG) en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario