lunes, 22 de noviembre de 2010

O hospital arrinca ''con tranquilidade''







A posta en marcha este luns do Hospital Lucus Augusti comezou con total "normalidade" no ámbito asistencial nas 28 consultas externas de diversas especialidades prevista para esta xornada. Así o confirmaron a Europa Press fontes hospitalarias, que indicaron que "non houbo problemas" asistenciais nesta primeira xornada de funcionamento e desenvolveuse "con normalidade" a actividade nas 28 consultas.
Neste sentido, o director xerente do Hospital Lucus Augusti, Francisco Vilanova, destacou a "tranquilidade" na primeira actividade do novo centro, que abriu este luns as portas a 28 consultas externas coa atención a uns 500 pacientes.
"Abriuse con prudencia, pero as cousas funcionan francamente ben", resaltou o xerente, quen, á súa vez, acreditou que os pacientes se mostraron "satisfeitos" coa información que se lles facilitou.
Os pacientes citados para este primeiro día de actividade hospitalaria recibiron unha información case personalizada para poder moverse polo amplo espazo do novo centro, que dispón de 869 camas e no que se investiu 250 millóns de euros.
Francisco Vilanova explicou que, tanto por parte dos profesionais como dos pacientes, todo desenvolveuse sen que se xeraron grandes "dificultades", dentro deste edificio, que cualificou de magnifico "", que se asenta sobre unha parcela de 169.000 metros cadrados.
De momento trasladáronse 28 consultas, das que 27 proceden do centro de especialidades e unha do Hospital Calde, polo que o ritmo de atención media será duns 500 pacientes diarios durante esta semana, que se prevé dobrar a próxima.
En concreto, o luns día 29 outras corenta consultas máis empezarán a funcionar despois de que o proceso de traslado empezase co establecemento no Hospital Lucus Augusti dos servizos técnicos básicos para dar soporte á actividade no novo centro, como mantemento, informática e electromedicina, entre outros

No hay comentarios:

Publicar un comentario