lunes, 24 de mayo de 2010

Licitada en 900.000 euros a reparación da ponte de Boabdil





A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas licitou as obras de reparación da ponte de Boabdil sobre o río Navia, na estrada que une Ouviaño e o límite de provincia de Asturias (LU-702). Publícao este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG), onde se recolle que o investimento previsto ascende a 900.000 euros.

As actuacións previstas consisten no reforzo dos montantes de arco principal e a execución dunha nova capa de pavimento. Tamén se disporá dunha beirarrúa para peóns e arranxarase a varanda actual. O prazo de execución previsto é de doce meses.
A lonxitude do tramo no que se actúa é de 74 metros e as obras beneficiarán a un total de 4.730 habitantes dos concellos de Negreira de Muñiz e A Fonsagrada, que verán mellorada a seguridade viaria na zona.

O paso, sobre a cola do encoro de Salime, vertebra Negueira de Muñiz e o seu mal estado fixo que fai un par de anos fose pechado a camións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario