miércoles, 12 de mayo de 2010

O Goberno rebaixará un 5% o soldo dos funcionarios este ano e suprimirá o cheque bebé en 2011





O presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero , anunciou hoxe no Congreso un plan de austeridade co que o Executivo pretende conseguir reducir o déficit público ao 3% do PIB en 2013.
Neste plan, o Goberno vai rebaixar unha media do 5% as retribucións dos empregados públicos para este ano e vainas a conxelar en 2011. A rebaixa dos salarios será proporcional aos ingresos, é dicir que afectará máis aos salarios máis altos e tamén se recortará nun 15% o soldo dos membros do Goberno.
No inicio da súa comparecencia, Zapatero xustificou as novas medidas para a redución do déficit, un esforzo «especial, singular e extraordinario» que é necesario «precisamente agora», cando se están vendo «signos» que poñen de manifesto o inicio da recuperación económica.
Ademais o Goberno suprimirá a partir do 1 de xaneiro de 2011 o denominado cheque-bebé, a prestación de 2.500 euros por nacemento, para reducir o déficit público.
Pensións
O Goberno vai suspender en 2011 a revalorización das pensións, excepto as non contributivas e as mínimas. Así mesmo, o plan inclúe a eliminación do réxime transitorio para a xubilación parcial previsto na Lei 40/2007.
Zapatero tamén anunciou hoxe que a axuda oficial ao desenvolvemento por parte de España reducirase en 600 millóns de euros entre este ano e 2011.
Aforro adicional nas comunidades
Zapatero avanzou que o Executivo prevé que as Comunidades Autónomas e as entidades locais realicen un aforro adicional do seu gasto de 1.200 millóns de euros.
O secretario de Estado de Facenda, Carlos Ocaña, xa avanzou esta semana que Comunidades e concellos deberían

No hay comentarios:

Publicar un comentario