17/04/2012 - Pablo Rodríguez / El Progreso
(Lugo)
Numerosos veciños da Fonsagrada tiveron a oportunidade de
redescubrir este fin de semana o repertorio musical de Florencio, O Cego
dos Vilares, ao poder asistir aos ensaios dun espectáculo que se
enmarca no denominado Proxecto Florencio, que ten por obxectivo
recuperar o legado do popular violinista, xa desaparecido.
Entre o sábado e o domingo, 15 músicos reuníronse no salón de
actos municipal e acumularon unha decena de horas de ensaio, baixo a
batuta do recoñecido zanfonista Germán Díaz, para que todo estea a punto
para a estrea en xullo dese espectáculo, tanto na Fonsagrada como na
capital da provincia, como peche deste proxecto cultural e pedagóxico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario