A asociación de municipios incluídos na reserva da biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón puxo en marcha un plan para mellorar o acceso a internet. A empresa encargada de desenvolvelo, Eurona Telecom, asegura que xa está en marcha a primeira fase, que beneficia a Negueira de Muñiz, Baleira e as parroquias de Monteseiro, Freixo e Paradavella, da Fonsagrada, que xa tiña cobertura no 93% do territorio.
A rede ten como basee a tecnoloxía wimax, que se considera unha das máis efectivas en territorios de montaña de difícil cobertura.
Eurona Telecom realizará reunións de presentación da nova rede nos municipios beneficiados. A primeira será mañá, ás 17.00 horas, no concello de Negueira de Muñiz. Os interesados en informarse sobre as posibilidades que ofrece a rede poden facelo tamén a través do teléfono gratuíto 900.850.808.

No hay comentarios:
Publicar un comentario