jueves, 14 de abril de 2011

Un incendio activo arrasa 30 hectáreas de monte arboledo na Fonsagrada


Un incendio forestal que aínda continúa activo arrasou xa preto de 30 hectáreas de monte arboledo no municipio lucense da Fonsagrada, concretamente na parroquia de Veiga de Logares, segundo informaron fontes da consellería de Medio Rural. De momento descoñécense as causas do incendio, que comezou cando pasaban doce minutos do mediodía. Na zona afectada traballan desde hai horas medios terrestres e aéreos, pero o lume aínda non se dá por controlado. Nos traballos de extinción están a participar seis helicópteros, dous avións, unha escavadora, oito motobombas, un técnico, dous axentes forestais e doce brigadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario