A comunidade segue a ter as coberturas máis raquíticas de España, un vinte por cento por baixo da maioritaria e a un cincuenta por cento das máis altas ·· Os soldos dos xubilados galegos crecen un 3,5 por cento fronte ao 3,3 do Estado pero nin en cen anos o país igualaría o salario estatal
Daqueles baixos salarios viñeron estas raquíticas pensións. Abril de 2011, Galicia volve situarse, como é tradicional, como a comunidade que percibe as prestacións contributivas máis baixas de España. Se imos á media de todas as coberturas do sistema, os case 672 euros mensuais quedan un 20% por baixo da media nacional (802), e son 47,7% inferiores ás da comunidade líder, País Vasco, onde se rozan os mil euros. Máis de trescentos de diferenza.
No gráfico vemos que as distancias se producen en todas as pagas. Os 726.636 beneficiarios galegos, un 8,3% dos 8,78 millóns en toda España, reparten só o 6,9% da contía total, 488,1 dos 7.046,8 millóns de euros.
Especialmente sanguento é o caso da pensión de xubilación, que percibían ao peche do mes pasado un total de 447.320 galegos. A media, apenas 750 euros, dista moito dos 912 en España e queda a anos luz do dato vasco, onde a nómina mensual por persoa ascende a 1.132 euros. A distancia mensual duns 382 euros non é cousa pequena: en catorce pagas transfórmase nunha fenda insalvable, alcanzando os 5.600 euros, preto dun millón das antigas pesetas. Asturias (1.124,14 euros ao mes) e Madrid (1.092,4), moito máis que mileuristas, contrastan tamén co rácano dato de Galicia, co que competirían á baixa en Estremadura (766,99) e en Murcia (802,6 euros).
Non se salva da queima ningunha prestación. As desviacións aprécianse na infografía e son graves tamén nas de incapacidade permanente un 15% maiores en España, un 47,3% en Euskadi), así como nas de viuvez e en favor de familiares. As que case tocan a contía media española son as de orfandade, apenas catro euros inferiores ás nacionais, pero 72 menores que as que se aboan en Asturias: 354 fronte a 426.
A converxencia en materia de pensións é misión imposible, pese ó feito de que, en media, crezan un 3,3% en España fronte a un 3,5% en Galicia. A este ritmo, faría falla máis dun século para que acabasen equiparándose co dato nacional... e moito máis coas comunidades máis agraciadas. Ademais, mentres os salarios en Galicia sigan entre os máis baixos de España, está claro que non haberá achegamento.
Os datos do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) do Ministerio de Traballo e Inmigración, publicados onte, constatan que o número de pensionistas totais creceu un 1% o pasado abril en Galicia fronte ao mesmo mes de 2010, cando en España o fixo nun 1,6%. No gráfico vemos a súa distribución por perceptores tanto en España como en Galicia, o que proba o peso superior ao da súa poboación (6%) dos pensionistas galegos en todas as áreas, sobre todo, nas de xubilación (8,5%), viuvez (8%) e aquelas en favor de familiares, que se disparan ao 14,8% do total. Nas de incapacidade permanente e orfandade supera tamén o sete por cento.
O desfavorable e persistente mal dato galaico nas prestacións viuse acompañado onte, con todo, cunha noticia positiva no ámbito da Seguridade Social: o sistema de cobertura español tivo un superávit de 6.089,05 millóns de euros no primeiro trimestre de 2011, un 2,44% máis que no mesmo período de 2010. É, o que supón que por primera vez desde setembro de 2008 volvese crecer o superávit, segundo informou onte o Ministerio de Traballo e Inmigración.
Este superávit, que representa o 0,56 % do produto interior bruto (PIB), foi resultado duns ingresos de 30.835,52 millóns de euros, que aumentaron o 2,61 %, fronte a uns gastos de 24.746,47 millóns, que creceron o 2,66 %.
A oposición repróchalle a Mato os datos do paro
O 80 por cento dos demandantes de emprego de Galicia atópase xa "identificado" e "clasificado", o que supón unha "ardua tarefa" para conseguir que "ningún quede excluído" dunha oferta laboral. O 100 por cento deste recoñecemento das "calidades" das persoas en situación de desemprego estará concluído no mes de xuño.
De feito, esta identificación forma parte da modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia, un dos 15 acordos alcanzados no marco do diálogo social e asinados en xullo de 2010, aos que hai que engadir outros 9 preacordos, tal e como resaltou onte a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nunha comparecencia a petición propia no Parlamento para explicar os pactos cos sindicatos e patronal.
Para a titular deste departamento, este proceso que pretende "ofertar os mellores postos de traballo" supón unha "garantía da mellora na intermediación", xa que permite, dixo, que "ningún demandante de emprego quede excluído dunha determinada oportunidade laboral por non ter un correcto coñecemento das súas características e capacidades".
Precisamente, o desemprego foi o principal reproche dos grupos da oposición nas súas intervencións, nas que lle botaron en cara as cifras de parados e a destrución de emprego. Neste sentido, tanto o socialista José Tomé Roca, como o nacionalista Henrique Viéitez, indicaron que existen 311.000 demandantes de emprego (58.000 sen prestacións) e 48.000 persoas menos afiliadas á Seguridade Social.
Para Viéitez, a comparecencia de Mato serviu para tratar de "agochar" a "destrución galopante" de emprego que sofre Galicia, mentres que o parlamentario socialista concluíu que o de Alberto Núñez Feijóo é un goberno que practica a "política do desemprego".

No hay comentarios:
Publicar un comentario