martes, 12 de abril de 2011

O PP da Fonsagrada presenta unha candidatura con sete caras novas




Tobías Martínez Cotarelo repite como candidato do PP á alcaldía da Fonsagrada nas próximas eleccións, encabezando unha lista con sete caras novas. Delas, cinco preséntanse por primeira vez a uns comicios. Así, no posto tres debuta o funcionario Adrián Bermúdez Díaz, no cinco o ATS Ana Álvarez Gómez, no sete a mestra Ana Penamaría López, mentres que o veterinario José Álvarez Robledo ocupa o posto once. Tamén se incorpora Pablo Pérez Landeira, como primeiro suplente. Outras novidades represéntanas o número dous, Rosario Arias Mon, que foi concelleira no ano 1987, e o número catro, o gandeiro Facundo Díaz Pérez, que se presentou na lista de 1999. Antonio Rodil Álvarez, Elsa Fernández Castrillón, Florentino López López, Iria Fernández Álvarez, Margarita Vázquez Veiga e Amador Rego Murias completan a candidatura popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario