O BNG da Fonsagrada volverá apostar por María Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez, mestra e actual concelleira, como candidata á alcaldía nas eleccións do 22 de maio. No segundo posto da lista incorpórase como novidade Xosé Domínguez Díaz, traballador do centro de saúde.O actual concelleiro Manuel López Louxedo, gandeiro de profesión, pasará a ocupar o terceiro posto da candidatura, seguido no cuarto lugar pola veterinaria Mónica Gorgoso Pacios.
No número cinco da proposta do BNG figura o técnico Xoán Xosé Fernández Alonso, da Pobra de Burón, e en sexto lugar, Xavier Fernández Fernández, empresario de Arroxo.
María Bélida García López, mestra da Fonsagrada, ocupa o sétimo posto da lista, e Sergio Castañeira Fernández, un técnico do lugar da Pandela (Santo André de Logares), será o número oito.
Outra mestra ocupará o noveno lugar da lista, María Xulia Díaz Rifón. O décimo será para Marcos Díaz Fernández, gandeiro de Reboira. Pecha a lista María Soidade Fernández Gayoso, tamén gandeira, da Burela (Carballido).
Como suplentes, o BNG inclúe na súa candidatura a Xesús López Fernández, gandeiro de Barbeitos; Mónica Fernández Fernández, licenciada en Filoloxía Galega e natural de Arroxo, e Xosé Manuel Díaz Magadán, gandeiro de Castañeira (Trobo).
Os nacionalistas descatan que a súa candidatura para optar á alcaldía da Fonsagrada «está formada por homes e mulleres que combinan a experiencia en política municipal, pola súa participación activa, coa renovación», en referencia á incorporación de Xosé Domínguez como número dous e a continuación de Lougedo en terceiro posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario