A Federación de Usuarios e Consumidores Independentes (FUCI) fixo un estudo para coñecer a canto ascende o que gastan os españois na súa voda. Segundo a organización, o custo desta celebración en España oscila entre os 8.000 e os 20.000 euros, sendo a media de 14.390 euros -o que supón un descenso do 12,7% con respecto a 2010-, unha cantidadeque en Galicia se sitúa nos 14.200 euros.
Así, por autonomías, o enlace máis caro sitúase en Madrid cun gasto medio de 17.550 euros, seguida de Cataluña con 17.000 euros e de Valencia con 16.000. Pola súa banda, en Extremadura e Canarias, o custo medio é de 12.150 e 12.000 euros, respectivamente. Para realizar este informe elixiuse un enlace tipo con cen comensais en máis dunha trintena de cidades.
Segundo a presidencia de Fuci, Agustina Laguna, estas diferenzas de máis de 5.000 euros débense a que os prezos dos cubertos nos restaurantes son, por regra xeral, máis baratos en rexións como Extremadura ou Canarias que noutras como Madrid e Cataluña.
Laguna apunta que as parellas que decidan casar este ano farán auténticos malabares", xa que a "precaria" situación económica das familias fai "practicamente imposible" levar ao cabo este tipo de celebracións, que en moitos casos supoñen "o soldo anual dun dos contraentes".
Ademais, a presidenta cre que o feito de que o gasto previsto sufra un "considerable descenso" por cuarto ano consecutivo débese a un dobre motivo. Por unha banda, os establecementos relacionados co sector das vodas están a axustar moito os prezos para sobrevivir á actual conxuntura económica. Por outro, os noivos están a comparar máis que nunca os orzamentos e calidades en función das súas posibilidades.
Así, o banquete representa o principal gasto dunha voda, ao supor a metade da factura total. En función do local e menú elixido, o custo por invitado pode variar entre os 40 e os 90 euros, aos que hai que engadirlles a música e a barra libre, que supoñen uns 1.000 euros de media.
En canto aos traxes, o delas representa un maior desembolso non inferior aos 500 euros, cantidade á que haberá que sumar o prezo dos zapatos, complementos, ect que incrementan enormemente o orzamento ata chegar aos máis de 1.540 euros de media. Nos homes, o gasto oscila entre 330 e 900 euros.
Laguna apuntou que a "gran diferenza" con outros anos é que se antes era o banquete e a viaxe de noivos os capítulos nos que máis reducían os gastos os noivos, este ano por vez primeira os contraentes reducen o gasto previsto non só nestes conceptos, senón tamén na vestimenta.

No hay comentarios:
Publicar un comentario