viernes, 27 de marzo de 2009

LIBRO RECOMENDADO ESTA SEMANA: BAIXO PRESION. CARL HONORE


Durante xeracións, medrar foi unha tarefa fácil: ías á escola unhas horas ao día, practicabas deporte e tiñas algunha afección, e o resto do tempo xogabas. Ou quizá soñabas esperto. Carl Honoré explica como o noso moderno enfoque da infancia é todo un fracaso: os nosos fillos están máis obesos, miopes, máis deprimidos e máis medicados que calquera xeración anterior. Usando aos nenos como forma de revivir a nosa propia vida, ou para compensar as nosas frustracións persoais, destruímos a maxia e a inocencia da nenez. Baixo presión non é un manual para pais senón unha chamada á acción: podemos facelo mellor. Para iso hai que desacelerar o ritmo, rebaixar a tensión e a angustia, prescindir da competitividade e crear espazos existenciais e relacionales onde sexa posible a vida intelixente, emotiva e propia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario