Probabilidade e curiosidades sobre o sorteo de lotaría de Nadal
No sorteo extraordinario da lotaría de Nadal póñense en xogo 170 series de 85.000 billetes, dos cales 13.334 se levan premio. Así, por exemplo, se xogamos un billete de lotaría no premio de Nadal, a probabilidade de que nos toque o premio maior é de 1 entre 14 millóns e medio (170 series x 85.000 billetes), mentres que nun sorteo dos xoves, a probabilidade é de 1 entre 600.000. Polo tanto, aínda que xogamos moito máis en nadal a probabilidade de que nos toque é moito menor.
Curiosidades do Sorteo de Lotaría de Nadal
Dos 195 sorteos de Nadal celebrados, o primeiro premio coñecido popularmente como "O GORDO" ten correspondido en sesenta e unha ocasións a un número comprendido entre o 0 e o 10.000, en setenta e unha ocasións a un número entre o 10.001 e o 30.000 e en sesenta e catro a números comprendidos entre o 30.001 e o 66.000.
En 1.832, a emisión foi de 12.000 números. Nesa ocasión foron considerados números Baixos do 1 ao 4.000; medianos, do 4.001 ao 8.000; altos do 8.001 ao 12.000.
En 1837 houbo dous primeiros premios de igual contía.
En 1938 celebráronse dous sorteos o día 22 de decembro, un en Barcelona e outro en Burgos.
Repetiuse o 15.640 nos anos 1956 e 1978. Correlativos foron o 13.093 e 13.094 e o 53.452 e 53.453.
Non obtiveron aínda o primeiro premio os millares seguintes: 27, 37, 39, 41, 44, 51, 54, 62 e o 64.En catro ocasións o "Gordo" correspondeu a números rematados en tres cifras iguais: o 25.444, o 25.888, o 35.999 e o 55.666.Repetíronse en tres ocasións as cifras finais seguintes: 457 (2.457, 4.457 e 9.457) e 515 (12.515, 13.515 e 21.515); e en dous o 098, 297, 400, 452, 704, 758 e 892.
As terminacións das dúas cifras máis repetidas foron: a 85 seis veces en: 1841, 1858, 1867, 1868, 1900 y 1915; a 57 seis veces en: 1820, 1846, 1871, 1878, 1881 y 1932; a 75 cinco veces en: 1825, 1835, 1843, 1869 y 1962; a 64 cinco veces en: 1821, 1948, 1961, 1976 e 1987 e a 95 catro veces: 1886, 1994, 1995 y 2001.
Nunca rematou o número do primeiro premio en 09, 10, 13, 21, 25, 31, 34, 41, 42, 43, 51, 54, 59, 67, 78 e 82.
Como cifra final o 5 foi o número que máis veces resultou premiado: 30 veces, pero nunca rematou en 25.
Seguido do 4 e o 6 con 26 aparicións.A cifra final menos repetida foi o 1.
Ségueo o 2 e o 9.
En 1812 o prezo do billete foi de 40 reais e o gordo de 8.000 pesos fortes.
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario