lunes, 30 de marzo de 2009

MAESTROS DO FERRADO

As escolas de ferrado chamábanse así porque inicialmente se pagaba un ferrado anual de centeo, millo ou trigo pola escolarización de cada neno ou nena. estas escolas, que persistirán ata os inicios da década de 1970, instalábanse en locais improvisados, dispuñan dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino das destrezas básicas –ler, escribir e contar–, seguindo procedementos didácticos tradicionais. Os seus encargados, os escolantes, tiñan unha formación literaria limitada, pois as máis das veces só fixeran estudios primarios, e carecían de formación pedagóxica. Compaxinaban o ensino co traballo da terra e outros oficios. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboació rural galega. O libro remata con dous anexos, nos que se reconstrúe a traxectria dun escolante de longo percorrido, José Miranda Fernández e dun mestre republicano, Arximiro Rico Taboada. Escolantes e escolas de ferrado, obra de Narciso de Gabriel, recibiu o Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito convocado pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (2000). O autor, Narciso de Gabriel é profesor titular de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña, onde dirixe dende 1993 o Departamento de Pedagoxía; destacado investigador sobre temas de historia da educación en Galicia, ten publicados entre outros libros, Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo escolar (1989) e Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia , 1875-1900 (1990).

No hay comentarios:

Publicar un comentario