Puré de casatañas
- Castañas
- Leite
- Manteiga
- Azucre
- Sal
Pela-las castañas e poñelas a cocer en leite ata que estean blandiñas. Escorrelas e pasa-las polo pasapurés, engadir unha cullerada de manteiga, sal e unha pizca de azucre.
Costelas de porco con castañas
- 3/4 kg. de castañas
- 1/2 kg. de costelas
- 50 gr. de manteiga
- 1 taza de caldo
- Sal e aceite.
Adóbanse as costelas con aceite e sal, métense no forno e vanse regando co caldo. Cócense as castañas, escórrense e pélanse. Dáselles unha volta na tixola coa manteiga. Cando as costelas estean asadas acompáñanse coas castañas.
Rosca de castañas
- 1kg. de castañas
- 2 onzas de chocolate amargo
- 2 iemas de ovo
- 750 gr. de azucre
- 1e1/2 vasos de auga
Faise unha pasta cocendo as castañas e pasándoas por un tamiz. Nun cazo prepárase un almíbar coa auga e co azúcar. Cando estea retírase un vaso e cócense no resto as castañas ata que se vexa consistente. Con esta masa fórmase unha rosca. No centro da mesma vertemos unha salsa feita co vaso de almíbar, as iemas e o chocolate amargo. Para face-la salsa deberemos remover sempre para o mesmo lado e seguir ata que enfríe un pouco.
Tarta de castañas
-500 grs de castañas
- 400 gr. de fariña de trigo
- 6 ovos
- 300 gr. de azucre
- 2 culleradas de levadura
- raiadura de limón
Bate-los ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadi-la fariña coa levadura. Despois agrega-las castañas moídas e mezclar todo ben. Untar un molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante 30 minutos a 150º.
Tarta de castañas con crema de chocolate
-500 grs de castañas
- masa para forrar
- 50 gr. de chocolate
- 2 ovos
- 500 gr. de azucre
Facer unha crema pastelera incorporando o chocolate e as castañas cocidas e desfeitas, reservando algunhas para o adorno. Todo isto bótase nun molde cuberto de pasta brisé ou follado. Métese no forno ata que a pasta estea cocida
NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario