
A súa madeira é moi dura, de grao fino e denso, o que a fai moi apta para ebanistería e tala, aínda que debido o seu crecemento moi lento, é difícil conseguir pezas de suficiente grosor o que limita o seu uso. Durante la Idade Media foi moi utilizado nas Illas Británicas para elaboración do arco longo, pola súa resistencia e flexibilidade, o que case produxo a súa extinción nas mencionadas illas. Conta a lenda que o arco de Robin Hood era deste material, e de todos é sabido o virtuosismo deste heroe co arco. En competicións inglesas unha frecha lanzada cun arco de teixo acadou 304 metros. Tamén, e esto non é lenda, houbo un tempo, en que os bosques de Teixos tiñan unnha enorme importancia estratéxica: ter moitos teixos significaba que o subministro de armas en tempos de guerra estaba asegurado.
As virtudes curativas do teixo sempre foron moi coñecidas: Xa o emperador Claudio publicou un edicto onde dicía que era o mellor antídoto contra as picaduras de serpes, en 1971 descubríronse as propiedades anticanceríxenas do taxol, un dos seus compoñentes... Pero do mesmo modo que cura pode matar, xa que todo el, excepto o froito vermello, é tóxico, coidado si o comedes porque a semente que vai dentro do froito tamén é velenosa. Sábese que unha infusión de teixo pode matar a un adulto, e bastán unhas cantas follas para matar a un rapaz. Nos pobos do norte da Península Ibérica (astures, galaicos e cántabros) as sementes eran usadas para suicidarse cando se atopaban sitiados polo inimigo ou eran collidos presos.
Esta árbore foi sagrada para os Celtas, e os cristiáns a miúdo construiron as súas igrexas e cemiterios ó lado dos teixos. Outra lenda aconta que as raíces dos teixos, chegan as bocas dos cadáveres, simbolizando a vida na boca da morte. E polo día de difuntos tamén era costume levar ós mortos unha ramiña de teixo para guialos no país das sombras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario